Sabedores
das posibilidades da comunicación non verbal en Educación Infantil, dende
comezo de curso aproveitamos para lembrar, memorizar e mimar diferentes cancións que nos permiten un
primeiro achegamento a unha nova forma de comunicación e representación: a
linguaxe musical e corporal.
As
linguaxes artísticas constitúen unha forma de comunicar aspectos da vida cotiá,
empregando elementos, materiais, soportes e técnicas sinxelas, ricas e
froitíferas que permiten o desenvolvemento de actividades que estimulan e
potencian a imaxinación, curiosidade, o pensamento crítico, creativo, a
exploración e experimentación, a sensación, percepción...
Foron
moitas as cancións aprendidas o curso pasado, algunhas servían de rito cotiá e
outras de momento de liberación e equilibrio entre traballo e xogo.
Neste
senso, contamos coa canción do silencio, dos bos días, dos días da semana, dos
meses do ano... que seguen incorporadas á nosa parrilla de clase. Tamén con
outras cancións máis instrumentais que nos permiten un achegamento ao ritmo e
melodía: Arco Iris, Noche de Terror, La marcha de las letras..., e mesmo a
recente incorporación de Robin Hood, unha canción que ao tempo que nos serve
para en auténticos cabaleiros medievais, identificamos e situamos as partes do
corpo indicadas en cada caso... que ben o pasamos!
Foi tal a
expectación desta canción ás nosas sesións de baile que descubrimos,
identificamos e valoramos o personaxe de Robin Hood que roubaba aos ricos para
darllo aos pobres.
Por outra
banda, e como recompensa ao noso comportamento e bo saber facer no momento de
traballo individual, vimos varios capítulos que tomaban como protagonista a
Robin Hood: o cabalo, o arco coas frechas, a diana... fabuloso!
O que está claro é que cada vez
gozamos máis deste tempo de baile libre e/ou semidirixido; un tempo que resulta
cada vez máis organizado, sentido e vivido no que hai que estar en silencio
para escoitar cada parte e seguir o ritmo e consignas establecidas en cada
retrouso.
Con estes momentos de expansión vital
no que deixamos que o noso corpo libere enerxía, ao tempo desenvolvemos a
escoita activa e atenta, a agudeza auditiva, a audiopercepción… bailar, bailar
é divertido!
Agora xa, na vindeira semana, o cole encherase de cabazas, morcegos, demos e bruxas… é tempo de Halloween-Samaín e tentaremos que este curso sexa vivido máis intensamente, controlando e dominando emocións e sentimentos… case case preparados! Serán uns días terrorificamente divertidos… HA HA HA!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario