Como xa vos
anunciaramos o curso pasado, a mascota de 4 anos chámase MUNELA. MUNELA é
alegre, divertida e moi curiosa, sempre atenta para descubrir os segredos e
misterios que se agochan ao seu redor.
Nestes días nos
que a festa segue tan presente na nosa cidade -San Froilán está a piques de
rematar-, redescubrimos a MUNELA a través da lectura da historia motivadora da
primeira unidade didáctica: “La cama
nueva de Munela”. Así pois, coñecemos elementos tan disparatados como que
para pensar en cousas serias, MUNELA cólgase cabeza abaixo dunhas barras, ou
mesmo que non lle gusta a auga e que cando lle toca ducha, PABLO e BERTA
perséguena coa mangueira ata que se enxaboa por todos lados... que locura!
Do mesmo xeito
que MUNA cando tiñamos 3 anos, MUNELA durante este curso atoparase situada nun
lugar privilexiado da aula e converterase nun excepcional eixo motivador que
nos presentará, a través das súas historias, cada centro de interese... canto
traballo nos agarda este curso!
Pero... na aula
hai dúas MUNELA?... Claro, temos unha MUNELA na zona do traballo obrigatorio a
carón de MARTÍN F. e outra MUNELA na zona da asemblea que se converterá en
aliada do súper-encargado... fantástico!
Como podedes
imaxinar, as comparativas entre MUNA e MUNELA resultaron inevitables: cor
característica, número de ollos, brazos e pernas, cornos de cor amarela
idénticos, mochila e bolso case case igual... Ao tempo, coidamos na que será a
nosa mascota de 5 anos: MUNÍBAL. Todos son diferentes, pero xuntos forman unha
gran familia: “Los increíbles MUN”.
Esta semana de
presentación de mascota, MUNELA tivo un papel
protagonista e xuntos compartimos diferentes momentos da xornada: o
conto, o momento do xogo libre e/ou dirixido en rincóns, o momento do tempo de
lecer...
Asemade, e como
actividades para deixar testemuña dos nosos descubrimentos e
aprendizaxes, coloreamos sendas actividades impresas nas que MUNA, unha vez
máis, é o elemento motivador ideal.
Neste
senso, nunha das actividades impresas, aproveitamos para recrear o noso esquema
corporal ao que cada vez integramos máis elementos… canta cor!.. .canto
detalle!… parabéns!…
Siii,
aínda que MUNELA será a protagonista de cada historia, non estará soa e un
curso máis PABLO e BERTA ensinarán a MUNELA a comprender o seu pequeno-gran
mundo… ser un monstro non é de todo doado!
Para iso cadaquén rodeou con
rotulador e coloreou con cera plástica a un ou outro personaxe segundo o propio
sexo. Ademais, para disipar dúbidas no que a cores se refire, estes días as
siluetas de PABLO e BERTA presiden a nosa aula… por se eramos poucos!
E
para rematar… que mellor que decorar un tiovivo case case igual ao do San
Froilán… parece sinxelo, pero moito ollo, á norma de non levantar o rotulador,
engadimos por primeira vez a realización de series de dúas cores… bonitas,
bonitas combinacións de cores...
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario