Logo dunhas merecidas vacacións de verán, voltaremos vernos o vindeiro mércores 12 de setembro e, aínda que nos custará coller de novo os hábitos e o ritmo de traballo acadados ao longo do curso pasado, seguro que máis dun está desexando atoparse co resto de compañeiros e compañeiras.
Este curso non se
trata dun curso máis... nooon!!; deixamos
de ser os pequerrechos e pequerrechas do cole e porén deberemos dar exemplo aos
nenos e nenas de 3 anos: intentaremos non chorar nas entradas, portarnos xenial
en cada momento da xornada, facer o traballo cotiá do mellor xeito posible... todos
xuntos o lograremos!
Indubidablemente será
un curso de grandes cambios: nova aula -quedamos no semisoto, pero agora, no
canto de estar na última aula do corredor, estaremos na primeira,... gran
cambio!-, tamén deixamos na aula de 3 anos a MUNA para coñecer a un novo MUN, MUNELA
que xa fica nun lugar privilexiado da asemblea, tamén o uso do estoxo e dos materiais
seleccionados para este curso... canta novidade!
Notaredes que
vimos con moitas moitiiísimas ganas,
sabedores de que como non podía ser doutro xeito, as nosas familias estarán
sempre ao noso carón felicitándonos polos éxitos acadados e alentándonos a
intentalo unha e outra vez ata conseguilos... contamos convosco familias!
Neste senso
familias LEMBRADE que o primeiro día
de clase a incorporación realizarase pola porta da Avenida de Ramón Ferreiro
(ala sur). O resto do curso, seguiremos entrando pola porta da Rúa Pintor
Corredoira.
Xa pois, o
mércores comezamos o novo curso, e a medida que avance o calendario escolar
iranse sucedendo as distintas actividades e conmemoracións que marcarán o ritmo
da nosa aula: as cabazas do Halloween-Samaín,
compartiremos soños e ilusións no Nadal, as máscaras e disfraces do Antroido...
e moitos máis pequenos-grandes acontecementos que vos contaremos no noso blogue;
un blogue que con esta entrada dá por inaugurado oficialmente o curso académico
2018-2019... preparados?
1 comentarios:
Gracias José Ricardo, ya no hay dudas sobre el inicio de curso y entrada del primer día. Espero que todos disfrutemos tanto o más, si se puede, de éste nuevo período escolar.Un abrazo....
Publicar un comentario