Alomenos de
momento, quedamos se o tan ansiado picnic
que tiñamos preparado se o tempo así o permitía nas inmediacións do Parque
Rosalía de Castro, pero o que non coidabamos é que a semana nos agardaba unha
nova visita á aula de Educación Artística da Facultade de Maxisterio... estupendo!
Así pois,
desenvoltas as rutinas de entrada -prendas de abrigo e mochila no percheiro- e
os rituais da asemblea -desta vez a súper-encargada
foi SIRA-, organizámonos para acudir á “aula de plástica”, -como nós lle
chamamos-.
No
momento da entrada, os profes da Facultade organizáronnos en 2 grupos para desenvolver
distintas actividades do alumnado de Maxisterio.
Desta vez,
houbo de todo e para todos os gustos: creamos vidrieiras, construímos torres,
compuxemos formas, tecemos telarañas... canto por facer!
Para comezar,
coñecedores das posibilidades dos materiais propios da expresión plástica: papel
celofán, creamos unha vidrieria nunha das fiestras: rachamos, aplastamos,
enrrugamos, pegamos... canta cor!... que bonito!...
Para isto, que mellor maneira que todo o alumnado do CEIP ANEXA inaugure a fin de semana e o inicio do Arde Lvcvs que cun pasarrúas o venres 15 ás 10:00h. e así dar o mellor dos pistoletazos de saída a unha fin de semana que se presenta... prometedora!
Harpastvm (venres ás 23:30h.), Circvs Romano (sábado ás 18:00h.) e o
espéctaculo Divinivm (sábado ás
23:55h.) son algúns dos acontecementos que se sucederán, sen esquecer a carreira
II Mvrvs Lvcis (romanos vs. castrexos, venres ás 00:00h. polo adarve da Muralla)... canta festa!...
O pasarrúas
transcorrerá pola Avda. de Ramón Ferreiro, Bispo Aguirre e fondo da Praza de
España ata chegar ao concello. Voltaremos baixando a carón de Franciscanos e pasando
por diante do Círculo das Artes, realizando de novo o percorrido á inversa...
este cole como mola!
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Parabens pola paciencia que demostraches durante o desfile do arde lucus, nenos en colo o ir e o volver, demostrache unha vez mais o bo profesor que eres
Publicar un comentario