Sabedores
das posibilidades que nos ofrece a expresión corporal como forma de
comunicación e representación, estes días rediversificamos e reconceptualizamos
-se cabe aínda máis-, o rincón de xogo simbólico; espazo onde se produxo a
recente incorporación de BELINDA, DAVID MANUEL & ROSANA...
Nesta
ocasión, non se tratou da presentación de novos babies, senón de algo que agochaban os maletíns de cor vermella e
rosa sitos nun dos estantes do espazo do rincón de xogo simbólico: o kit de
médicos e o set de perruquería... que boa nova!
Así pois,
e como recompensa ao traballo desenvolto durante estas semanas, descubrimos e identificamos
algúns dos accesorios propios destes maletíns: o peite, secador e espello de
man do SALÓN DE BELLEZA e o
termómetro, fonendoscopio e mesmo xiringas do kit de MÉDICO.
Sen lugar
a dúbidas, tratábanse de materiais de sobra coñecidos, por iso axiña prestamos
atención a como debiamos empregalos para que non se estraguen e así cumprir a
finalidade establecida.
Porén, e
como consecuencia inmediata, co emprego sistemático destas novas adquisicións,
achegámonos ao coñecemento e valoración positiva de oficios e profesións do
contorno próximo, centro de interese do inminente caderniño nº6 de MUNA.
Creamos e
recreamos o SALÓN DE BELLEZA,
peiteando a todo aquel que se deixe, tamén a Suso Caruso e a Mica, agardamos a
nosa quenda sen desesperar, mirámonos no espello de man...
No canto
do kit de MÉDICOS, convertémonos en expertos no uso do fonendoscopio,
auscultándonos a nós mesmos, simulando a respiración fonda que nos indica o
médico na súa consulta... a recreación deste momento na asemblea por parte de
IAGO foi real como a vida mesma...
Neste senso
destacar, que nalgúns casos séguenos custando aceptar ter que esperar a nosa
quenda e respectar as regras dos xogos, compartir cos demais e amosarnos
conciliadores nos conflitos que xorden no xogo, pedir perdón, aceptar os
erros..., coidamos acadalo, de momento... paciencia...
Ao tempo,
con esta e outras actividades lúdicas que iremos engadindo á nosa parrilla de
clase ligadas á expresión corporal, avanzamos no control e dominio de
sensacións, sentimentos e emocións adoptando o rol propio de personaxes próximos
á nosa realidade, propiciando experiencias corporais que favorezan posturas e
interaccións co espazo (obxectos, adultos e grupo de iguais), recoñecendo as
posibilidades de movemento do corpo, adquirindo cotas maiores de autonomía
persoal e social, favorecendo a construción da propia identidade...
Agora xa,
aproveitando que din que nos próximos días comeza o tempo propio destas datas, simultaneamente
aos traballos de MUNA, observaremos e exploraremos algúns dos elementos representativos
da primavera, participando activamente na elaboración do mural do noso corredor...
benvida primavera??
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario