Esta
semana, con enerxías renovadas tras as vacacións, iniciamos un novo centro de
interese: a vida na granxa.
En
primeiro lugar, comezamos coa lectura do conto da unidade titulado: A Muna le encanta la verdura, unha
divertida historia coa que valoramos a necesidade dunha boa alimentación como
medida fortalecedora de saúde, descubrindo compracidos que o verde non está de
todo mal.
Todo isto non é algo novo na nosa clase, pois
na reunión de principio de curso onde se estableceron as normas de aula,
estimouse o establecemento dunhas merendas saudables nas que o chocolate,
pasteis e demais alimentos pouco ou nada saudables estarían “prohibidos”. Neste
senso, o momento da merenda antes do patio, convértese nun alicerce excepcional
para conseguir unha boa calidade de vida, incorporando condutas e hábitos
saudables na vida cotiá: lácteos,
galletas básicas, cereais, froitos secos, bocadillo de fiame, froita de
tempada... mmm, rico rico o noso menú, con cantidades cada vez máis
acordes ao noso apetito e tempo establecido... fantástico!
Ao tempo, a partir deste centro de interese, coñecemos
novas curiosidades de MUNA no que a hábitos alimenticios se refire: ensalada
con leituga e tomate, lentellas e mesmo espaguetes con salsa de tomate resultan
os seus pratos preferidos que creamos e recreamos nalgunhas das actividades
impresas do caderniño número 5.... mmm,
todo excelente, delicioso!
Asemade, a través do uso sistemático e guiado
en asemblea da pequena enciclopedia individual, traballamos e investigamos na
procedencia das froitas e verduras que tanto lle gustan a MUNA.
Descubrimos elementos representativos da
GRANXA como a HORTA -onde se cultivan alimentos vexetais: tomates, leitugas,
cebolas, patacas...- e o CORRAL -onde
viven animais domésticos: vacas, galiñas, porcos, ovellas...-.
Coñecemos que o GRANXEIRO e GRANXEIRA viven e
traballan na granxa coidando da horta e dos animais: gardan as ovellas, muxen
as vacas, alimentan aos animais, recollen os ovos, sementan, regan e recollen a
colleita... canto traballo hai nunha granxa!
Que rápidos!... axiña no momento de xogo
libre logo do traballo individual, as pezas de construción e os lotes de
animais posibilitaron un senfín de situacións para diferenciar e clasificar en
granxas, zoos e cuadras os animais salvaxes, domésticos e mariños... canta
imaxinación na construción!
Así siii!... saber máis para comer mellor na
casa e na escola!...
Arrancamos este
3º trimestre con forza. Vésenos ilusionados, contentos, activos... cada vez un
chisquiño máis maiores... isto promete!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario