Esta
semana, participamos activamente no desenvolvemento de múltiples propostas de
traballo relacionadas coa Semana do Libro
2018.
Como non
podía ser doutro xeito, nunha aula como a nosa na que a lecto-escritura
convértese nunha aprendizaxe máis, esta actividade conmemorativa non pasou
desapercibida e realizamos diferentes actividades cuxo eixo motivador, unha vez
máis, foron os relatos, contos e a literatura infantil.
Comezamos
reunidos na zona da asemblea conversando sobre os nosos contos preferidos, dende os máis clásicos como Caperucita Roja, Los 3 cerditos ou El patito feo, ata os máis actuais como:
Peppa Pig, Mickey Mouse, Elsa e Anna de Frozen...
Esta conversa,
na que a asemblea se converteu nunha estratexia ideal como lanzadeira de ideas
previas, serviu para identificar e valorar a literatura infantil como elemento
estimulador da imaxinación e creatividade.
Porén, e sabedores das aportacións dos contos no noso proceso de desenvolvemento integral, esta semana a sesión de contacontos cobrou, se cabe, cun protagonismo extra. Así, a partir dos contos aportados case diariamente por parte do grupo-clase, xuntos creamos un clima que resulta tan grato e estimulador para a adquisición de técnicas relacionadas co proceso de lecto-escritura, ilusionámonos cun ambiente propicio á lectura e contaxiámonos do entusiasmo dos libros como portadores dun mundo máxico e marabilloso.
Asemade, aproveitamos para descubrir que centro de interese nos depara o libro nº6 que servirá para despedir a MUNA e recibir a MUNELA, a mascota de 4 anos... que boa nova!
Pero... sabedes
por que se celebra o “Día do Libro” cada 23 de abril?...
Para
celebrar o “Día do Libro” escolleuse o 23 de abril por coincidir co falecemento
de grandes escritores universais tales como: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega ou o mesmísimo William
Shakespeare.
Xa no ano
1995 a
UNESCO promulgou o 23 de abril como “Día Internacional do Libro”, aínda que no
caso de España xa se viña celebrando dende o ano 1930.
Neste
senso, realizamos un primeiro achegamento a unha das obras máis destacadas da
literatura española: El Quijote de
Miguel de Cervantes.
Deste
xeito, os días véspera a esta celebración, o corredor converteuse no escenario
improvisado dos personaxes máis representativos dunha das principais obras da literatura
universal: Don Quijote de la Mancha, Sancho Panza, Dulcinea del Toboso,
Rocinante, Rucio...
Sen
perder detalle, aprendemos os seus nomes, identificamos algúns dos seus
atributos -a lanza de Don Quijote foi o que máis nos chamou a atención-, cores, formas, tamaños e proporcións nun
museo improvisado onde está prohibido tocar estas obras de arte a gran
escala... so se pode mirar!
Xa na clase, deixamos constancia de todas estas aprendizaxes recreando unha das escenas máis emblemáticas de Don Quijote: a obsesión cos muíños de vento que, lonxe de ser xigantes, son construcións de pedra, cemento e ladrillo. Prestamos atención á cor de cada espazo, creando por primeira vez con cera plástica a cor gris para a armadura de Don Quijote...
E para rematar, que mellor que mellor agasallo que un marcapáxinas co que marcar nos nosos contos a páxina na que quedamos... fantástico!
1 comentarios:
Estupenda la manera de introducir otros contenidos, aspectos y valores de manera tan entretenida y divertida. Aprenden tanto sin darse cuenta....
Publicar un comentario