Ao longo
desta semana, traballamos aspectos relacionados coa Educación para a Paz. Isto
non quere dicir, nin moito menos, que este ámbito de traballo o limitemos unicamente
a esta data, pois durante o curso en distintos momentos da xornada, traballamos
elementos relacionados con este ámbito de acción da Educación en Valores.
Así, por
exemplo, o momento da asemblea posibilita o traballo transversal desta temática
no momento en que pouco a pouco avanzamos na escoita activa e atenta cara os
demais, saber respectar opinións alleas e levantar a man antes de falar. Tamén
traballamos elementos relacionados con esta temática cando a principio de curso
consensuamos as normas que rexerán a vida da aula ou cando descubrimos formas
pacíficas e máis aceptadas socialmente para resolver os nosos conflitos cotiáns.
Pois ben,
todo isto foi traballado dun xeito máis dirixido e intencional nesta semana na
que celebramos o Día Escolar da non Violencia
e da PAZ.
Como non
podía ser doutro xeito, comezamos coa lectura dun clásico desta data: Negros y blancos (Edit. Anaya), un conto
que relata como unha encarnizada guerra entre elefantes “Negros y Blancos” non trae nada máis que morte e destrución... non
perdemos detalle!
Indubidablemente,
esta historia serviunos como alicerce de reflexión nas asembleas, as cales, se converteron
nun recurso excepcional para chegar ao centro deste concepto que tanto
escoitamos na nosa vida cotiá.
Día a
día, os nosos faladoiros eran máis ricos e froitíferos: torbeliños de ideas previa
man levantada -esta semana facíase indispensable-, relacionamos o concepto de PAZ
con conceptos e accións como: “no pegar”,
“recoger”, “hacer bien la ficha”... chegando entre todos e todas moi
acertadamente á conclusión de que a Paz é algo máis que a ausencia de guerra. Quedaron
uns debuxos cargados de PEACE & LOVE!
Do mesmo
xeito, debuxamos a GUERRA: caras tristes, bágoas e todo o material bélico que
poidades imaxinar saíron nuns debuxos incribles: pelexas, asasinos, bombas,
pistolas, tanques... cada vez arriscamos máis, perfecto!
Case como
broche final ao traballo desenvolto, participamos
nunha actividade proposta a nivel de ciclo, decorando o noso propio símbolo da
Paz.
Este
curso, decidiuse ir máis alá da archi-coñecida pomba da Paz, e traballamos o
símbolo creado polo deseñador británico Gerald Holtom en 1958.
Xa que a
gran maioría asocia como case único e exclusivo símbolo da Paz a pomba branca,
pareceunos unha boa idea cubrir de pombiñas de cor branca o noso símbolo da Paz
sobre fondo verde clara.
Picamos cadansúa pomba da paz ao ritmo de “No dudaría” de Antonio Flores e “All you need is love” de The Beatles e... símbolo listo!
E para rematar, que mellor que conmemorar este día que
participando activamente na carreira solidaria organizada no pavillón dos
maiores. Trátase moito máis que dunha actividade deportiva, a carreira “Kilómetros de Solidaridad”, permite
recaudar fondos que irán destinados a nenos e nenas que atende a ONG “Save the Children”... fermosa
iniciativa!
Uf!... unha
semana ben intensa que rematamos coa rutina do contacontos, onde un SERGIO
entregado, deleitounos con Chumba la
cachumba (Colección Clave de Sol)... sensacional!!, moitos parabéns SERGIO!!
sabemos que ser o primeiro non tivo que resultar nada doado!!...
Agora xa, será a quenda de DIEGO que sen pensalo dúas
veces decantouse por todo un clásico: Los
tres cerditos... excelente!
E conto a conto, con carautas, antefaces e disfraces, chegaremos
ás tolerías do Antroido. “A viaxe ao
mundo en 80 contos” é a temática escollida para este curso e sen apenas
decatarnos, nós xa temos case o noso deseño!... Preparadas familias?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario