Siii, o 20 de setembro de 1993 a Asemblea Xeral das
Nacións Unidas decidiu que cada 15 de maio se celebraría o “Día Internacional da Familia”.
Sen
lugar a dúbidas, a familia convértese nun elemento importante nas nosas vidas,
pois constitúe o primeiro grupo social ao que pertencemos e nela establecemos a
nosa base afectiva e cultural e adquirimos os valores e normas vixentes no contorno
socializador inmediato.
Hoxe
en día, existe unha ampla diversidade de estruturas familiares, por iso, nas asembleas,
tentamos fomentar o respecto e valoración da propia familia; ademais, procuramos
achegarnos aos distintos tipos de familias. Porén, xa ao principio de curso, acordamos
celebrar este día no canto do Día do Pai e da Nai, para deste xeito dar
resposta a unha sociedade plural e cambiante onde coexisten en igualdade de
oportunidades diferentes modelos familiares.
Claro
que si!... as persoas que viven connosco na casa son a nosa familia, tamén as
madriñas e padriños, os primos e primas, incluso algún ata engadiu aos seus
amigos e amigas, pero non, por moito que os queiramos, os amigos e amigas non
son da nosa familia, pero... como si o foran!
Falamos
das madriñas e padriños, dos nosos primos e primas,... ata dos avós e avoas que
tanto tantísimo nos querem e consenten…
De todo
isto, deixamos testemuña nuns debuxos onde logramos uns esquemas corporais máis
ou menos completos diferenciando cabeza, tronco e extremidades, engadindo novos
detalles que ás veces pasamos por alto como os lentes, zapatos de tacón e pendentes...
e mesmo a barba!... Quedaron uns debuxos con taaanto amor!...
Estas
actividades, culminaron hoxe co agasallo para as nosas familias; un agasallo
que fomos elaborando sen decatarnos no que verdadeiramente estabamos a
traballar...
En primeiro
lugar, comezamos pintando con cera de cor vermella cadanseu triángulo sen
saírnos do contorno…o espazo era pequeno dabondo!
Xa
logo, picamos co punzón e coa táboa de picado pola liña negra do triángulo máis
pequeno, amodo, con paciencia...
Tamén
escribimos un pequeno texto a partir do noso nome. Tiñan que ser letras medianas, -máis
ben tirando a grandes-, para que se viran no fondo vermello, pero estamos tan acostumados
ás letras medianas que custounos un chisquiño cambiar o “chip”...
E para rematar... estampamos a nosa
man impregnada en témpera de cor verde no centro do triángulo e... rápido lavarse!
Aha!... Un sinal de cor?... vermella!
E forma?... de triángulo!...
O
resultado?... Un sinal de tráfico do máis especial, non se trata dun sinal de
tráfico calquera, senón do noso sinal que coidamos que mamá, papá, os avós,
padriño, madriña… penduren no coche para non esquecer nunca que os queremos... “hasta
el infinito y más allá”.
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario