Esta semana, co gallo da Semana do Libro e da Semana das Letras Galegas, aproveitamos
a oferta cultural da nosa cidade visitando o xoves as casetas da Feira do
Libro.
Así pois, foi o luns cando nos
enteramos da boa nova, unha situación que cambiou o normal desenvolvemento
desta semana, pois xa na clase, preparámonos para aproveitar o máximo posible a
experiencia.
Indubidablemente, as saídas
didácticas axúdannos a coñecer o contorno próximo, aprendemos globalmente,
promoven o achegamento a novas formas de expresión, permiten un contacto
directo coa realidade, mesturan xogo e aprendizaxe, desenvolven diversos
valores intelectuais...
Nos días previos, prestamos
especial atención ao desenvolvemento de valores sociais e morais que debiamos
seguir no desenvolvemento da actividade: normas de urbanidade, cortesía,
respecto aos demais...
Este feito favoreceu o
tratamento transversal da Educación Vial, pois sairiamos á Praza Maior de
Lugo... os 26!... todos xuntos!... case nada!...
Para estar ben preparados,
identificamos algúns dos sinais básicos de seguridade vial: paso de peóns,
lembramos o código luminoso do semáforo, a diferenza entre estrada e beirarrúa,
camiñar amodo, xuntos, sen présa...
Logo do mércores festivo,
ansiosos voltamos ao cole sabedores da saída organizada, pero xa é mala sorte,
porque presentouse unha mañá gris, con vento, por momentos ameazaba choiva...
horrible!...
Finalmente arriscamos, e cos
abrigos postos coma se do mes de decembro se tratase, percorremos entusiasmados
as rúas de Lugo: Cámbria, Celso Emilio Ferreiro, Praza do Seminario, Bispo
Aguirre e... Praza Maior.
Que vida hai de boa mañá en
Lugo, que bonito é Lugo, Lugo ten moito que ver...
En fronte ao concello, estaban
dispostas diversas casetas con libreiros e libreiras que nos contaron algunha
curiosidade dos libros, albumes e contos, moitos moitos contos, que vendían.
Como colofón final, unha das
organizadoras da actividade deleitounos nunha das casetas dispostas para tal
efecto coa lectura de dous contos que nos serviron para liberar enerxía, gozar
e rir... canto rimos!
Na actividade coincidimos cos
nenos e nenas do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, o único colexio público sito
dentro da muralla; alí SARA coincidiu coa súa prima... inseparables!
Como o aproveitamento desta
saída non remata, ou non debera rematar coa volta á clase, improvisamos unha
asemblea na que valoramos as actividades desenvoltas, que vimos, que nos chamou
a atención...etc sen esquecer os marcapáxinas cos que nos agasallaron onde se
recollía un extracto da xenuina Gloria Fuertes... non sabiamos que cor
escoller!
A mañá quedou curta, faltounos o
momento do patio, das especialidades, da merenda como tal a media xornada...
non obstante, e como a ocasión o merecía, reservamos un tempo para debuxar
aquilo co que cadaquén se quedou da visita que en absoluto defraudou...
queremos máis!...
Un saúdo e non esquezades que...
o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Cuanta ilusión tenía Javier con la excursión. Que suerte que al final pudieron salir, con el día que hizo . Javier vino muy contento y dijo que lo pasaron de maravilla.
Gracias por estas fotos, estaba ansiosa por verlas.
Gracias por todo!!!
Nancy
Publicar un comentario