Hoxe venres,
como colofón a unha semana na que desenvolvimos distintas actividades
relacionadas co antroido, viñemos ao cole disfrazados de... “La Casa de Mickey Mouse”!
Para comezar
a descubrir, identificar e valorar elementos e características do antroido, nas
asembleas matinais aportamos símbolos representativos desta época do ano, onde evidentemente
os disfraces e accesorios, ocuparon un espazo privilexiado.
De sobra
quen máis e quen menos tiña escollido o seu disfrace, ou alomenos o personaxe no
que lle gustaría converterse. En xeral, achegas sen apenas sorpresas. As nenas:
princesas, fadas, raíñas e mesmo de ratiña presumida como a de MUNELA. E os
nenos, todo un clásico: Spiderman.
Para deixar
constancia da elección para este antroido, realizamos cadanseu debuxo libre do
noso disfrace. Bonito, bonito quedou o corcho da aula disfrazado de Elsa e Ana,
de Spiderman, el Increíble Hulk e SuperMario... non cansamos de ollar os
resultados expostos... sensacionais!
Asemade, MUNELA
tamén cobrou unha relevancia especial no antroido, pois na súa estancia na casa
de ANDREA, disfrazouse de cociñeira, de bruxa e mesmo de Bob Esponja... canto
rimos co seu visionado en asemblea!
Do mesmo
xeito, xa o xoves, véspera da tan agardada festa de antroido, coloreamos a carauta reconvertida en antiface
de MUNELA. Tarefa doada, pois de sobra sabemos que a cara da nosa mascota é de
cor verde clara, o pelo de cor verde escura e os cornos de cor amarela clara,
escura ou ovo... agora con tantos plastidecor
temos onde escoller... cantas MUNELAS por metro cadrado!
E por
fin, tras unha conta atrás de dúas semanas, chegamos ao venres de antroido...
que nervos!...
Como xa
vos contaramos, a temática a nivel de centro xirou en torno ao proxecto
documental da biblioteca: “A volta ao
mundo en 80 contos”, así que a aula de 4 anos convertémonos nun dos emblemas
da compañía Disney protagonistas de miles de contos... Mickey & Minnie Mouse!
Estabamos
ilusionadíssimos coa celebración deste antroido, motivados, expectantes polo que
sucedería o venres... non houbo tempo de asemblea, nin rincóns, nin rutina do
préstamo de biblioteca... hoxe era un día de festa!...
Ás 10:00h.,
as familias entregadas para a ocasión, puxéronnos totais con todas e cada unha
das propostas realizadas para a caracterización de cada personaxe segundo cada elección.
Se ben
é certo, os Mickey tíñano moito máis
doado que as Minnie, pero ambos
resultados non defraudaron en absoluto, e as inseguridades, dúbidas e incertidumes
destes días, deron paso a uns disfarces xeniais... familias, canto estilo e
enxeño!... ao final non foi para tanto!...
Non
nos faltaba detalle: calquera lle tocaba o pelo aos Mickey... de punta indestructible!... e as Minnie maquiladas e peiteadas con “planchita” incluída como merecia
a ocasión... canta ilusión!
Xa no
pavillón de Educación Primaria, vimos aos máis pequerrechos reinterpretando o
conto de “Blancanieves y los 25 enanitos”
e aos súper-maiores de mandilón o conto de “El
príncipe rana”. En Educación Primaria tamén houbo de todo: contos da selva,
de piratas, dos inuits, do Rei Artur, da Abeja Maya... ata dunha xirafa que non
sabía bailar!... case nada!...
Pola
nosa parte, durante estes días estivemos preparando unha sorpresa para as nosas
familias como agradecemento ao traballo desenvolto na elaboración dos disfraces,
e cando chegou a nosa quenda recreamos a sintonía de Disney Channel de “La Casa de
Mickey Mouse”... número que gañou unha das 3 categorías do concurso “Fíxeno Eu” á mellor posta en escea... menuda
sorpresa!
Familias,
sen a vosa inestimable colaboración, compromiso e
traballo, “La Casa de
Mickey Mouse” non sería posible... de verdade, GRAZAS por todo!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Sabíamos que algún premio les iban a dar....estaban todos guapísimos!!! Gracias profe, por tanto esmero y dedicación. Nancy
Gran traballo, como sempre
Noraboa !!!!
Publicar un comentario