A pesar dunhas semanas intensas no ca actividade diaria se refire, -xa
rematamos o libro número 6 de Papelote-, comezamos a estudar uns “Bits de Inteligencia” novos, nesta
ocasión vencellados co mundo da arte... fascinantes!
Os “Bits de Inteligencia”, resultan
de gran utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria,
axudándonos a adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe,
o hábito e a capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a nosa
curiosidade e interese... e xa o trimestre pasado, convertíronse nuns recursos didácticos
excepcionais cos que aprendemos algúns dos planetas do Sistema Solar e tamén as
características dalgúns instrumentos musicais como o metalófono, a gaita ou o
violín.
Pois agora, chegou o turno de mergullarnos no mundo da arte, máis
concretamente, estamos descubrindo obras pictóricas de artistas archi-coñecidos
por todos e todas: Picasso, Leonardo Da Vinci, Miró, Salvador Dalí...
Con esta rutina, poñémonos en contacto coa arte e as expresións artísticas
de todos os tempos e de diferentes culturas, para deste modo, desenvolver e
ampliar o noso sentido artístico ao máximo, así como ofrecernos unha amplia
gama de posibilidades artísticas que contribuirán ao desenvolvemento da competencia cultural e artística
establecida pola UNESCO.
Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar
criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas que promoven un
xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día,
aprendemos un pouquiño máis de cada obra: autor, movemento pictórico,
características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento
o máis exhaustivo posible das 12 obras seleccionadas.
Así, para convertirnos en pequenos-grandes expertos en arte: ollos abertos,
orellas abertas e... boca? Pechadaaa!!!
Non se nos escapa unha...
“LA GIOCONDA ” de Leonardo Da Vinci.
“LAS BAÑISTAS” de Pablo Ruiz Picasso.
“LATAS DE SOPA DE TOMATE" de Andy Warhol.
“NIÑOS JUGANDO A LOS DADOS” de Murillo.
“EL HOMBRE DE VITRUVIO” de Leonardo Da Vinci.
“CAMPO DE TULIPANES EN HOLANDA” de Claude Monet.
“MADRE E HIJA DELANTE DEL SOL” de Joan Miró.
“LA GALLINITA CIEGA” de Francisco de Goya y Lucientes.
"PERSISTENCIA DE LA MEMORIA” de Salvador Dalí.
“MUJER EN UNA VENTANA” de Salvador Dalí.
“LAS MENINAS” de Pablo Ruiz Picasso.
“EL GRAN CANAL DESDE EL PALACIO BALBI” de Canaletto.
“LA CONVERSACIÓN” de Henri Matisse.
“CUADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS" de Vassili Kandinsky.
Ollade as obras con atención, xa que pronto, moi pronto, unha delas durante os vindeiros días convertirase no eixo motivador dunha viaxe a un país especial, moooi especial... estades preparados?
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
4 comentarios:
Non entendíamos nada...
O outro día os avós déronlle un euro e de repente comezou a dicir, mira o home de Vitruvio de Leonardo da Vinci.
Quedamos todos sorprendidos, mira onde o aprendeu.
Que elementos tan innovadores para os nosos cativos/as, os bits da intelixencia
UN TRABALLO EXCELENTE, NORABOA!
Ricardo, é impresionante, ó final enseñannos eles a nos,
Se non ovemos non o cremos
e increible como poden memorizalo tan rápido...son unhas "esponxas increibles".
Publicar un comentario