A partir
desta semana, incorporamos unha nova rutina á nosa parrilla de clase, a do
préstamo de biblioteca, unha actividade que se converterá nun valioso recurso
didáctico para o desenvolvemento lingüístico e para a consabida adquisición de
técnicas vinculadas co proceso de lecto-escritura.
Trátase
dun préstamo semanal (de venres a venres) que propiciará un sempre grato
encontro co mundo dos contos e da lectura que crea un clima que resulta tan
estimulador para a adquisición de técnicas relacionadas co proceso de
lecto-escritura.
Ademais,
tamén servirá para que nos ilusionemos cun ambiente propicio á lectura no
ámbito escolar e familiar e para que nos contaxiemos do entusiasmo dos libros
como portadores dun mundo máxico e marabilloso.
Ao longo
de cada semana, coa axuda inestimable das nosas familias, traballaremos o conto
para comprender a súa liña argumental, xa que cada venres, nomearemos entre os
participantes na actividade, un contacontos segundo a orde da casiña do panel
de rutinas que “lerá” o conto ao resto de compañeiros e compañeiras a través da
interpretación das súas imaxes.
A través
da narración dos contos, aprenderemos a escoitar, a pensar, a adquirir un primeiro código moral, a ver as cousas cos ollos da
imaxinación, estimulando a creatividade, o pensamento diverxente e o sentido
crítico.
Entre as moitíiisimas actividades que podemos
levar a cabo están: as actividades de comentar que axudan a asimilar o conto e
a realizar unha transposión dos feitos ás experiencias vividas, actividades de
xogo dramático, representando os roles dos protagonistas do conto, tamén
actividades de creación de historias como a ensalada de fábulas ou o binomio
fantástico propostas por Gianni Rodari na súa obra Gramática de la
Fantasía (1985).
Así pois,
que mellor maneira de dar comezo a esta rutina que coa visita duns contacontos
especiais, nada máis e nada menos que os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria,
que onda a súa profe, deleitáronnos coa fermosa historia de MONSTRUO ROSA da editorial
Apila.
O conto
de Monstruo Rosa traballa
o valor da diferenza, unha historia para entender a diversidade como elemento
enriquecedor da sociedade.
Uf! Inevitable non lembrarse a partir deste conto de YAGO, NICOLÁS, MIGUEL, NAIRA, MICAELA,
LAURA, GAEL & SABELA R.G., XIMENA, EVA, SANTIAGO, YAIZA, SABELA R.I.,
BRUNO, DANIELA, NAIARA, PAULA, JUAN RAÚL, XOEL e MARCOS… canto disfrutaramos na
visita á Biblioteca Municipal onda os nenos e nenas da profe Silvia!...
Nesta ocasión, tivemos un momento de
sorrisos compartidos co fotomatón empregado para contar a historia… todos queriamos
probar!
Posteriormente,
debuxamos cadanseu personaxe favorito: o bicho bola de cor NEGRA, a rá dos tres ollos de cor VERDE, o paxariño de cor AMARELA,
o monstro dos abrazos de cor AZUL... etc
Xa logo, na
asemblea matinal, descubrimos e coñecemos os contos aportados para o préstamo,
asociando incluso cada conto ao seu dono... que memoria! Tamén lembramos que
cada semana os contos deberán vir en perfecto estado: non se poden colorear,
raiar, recortar, romper...
E para
rematar, comezamos co proceso de selección. Rapidamente entendemos que o único
que podía elexir conto sería o contacontos semanal. Nesta ocasión SERGIO,
escolleu o conto de PAULA Chumba la
cachumba (Colección Clave de Sol)... convencidos que será un contacontos
xenial!
Sen máis,
o resto levamos o conto asignado ao chou, máis adiante, deberemos lembrar que
conto levamos para non repetir... ollo!
Logo da
tensión inicial suscitada pola actividade durante a semana, o momento do préstamo
converteuse en toda unha experiencia... diso se trata!
Familias!!...
convencidos que axiña vos poderemos contar os avances nesta rutina semanal, lembrade
que non se trata de memorizar o texto, -nin moito menos-, senón de saber interpretar
as imaxes, algo fundamental e que servirá de fío condutor para o resto do
grupo-clase... contamos convosco!
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Gracias por acordarte de los niños de Rianxo, nosotros nunca te olvidaremos
Pareceme xenial a idea do intercambio de libros, aprenden a disfrutar e sobre todo cuidar de algo que non é seu e prestar algo que si o é,ademais vendo a Esteban tirado no chan do salón "leendo "o tres porquiños todo ilusionado foi mui gratificante (tendo él na casa e sabendo xa de memoria sorprendeunos tanta ilusión, supoño que o feito de ser prestado faciao mais interesante). Gracias como sempre por ser unha parte tan inportante na educación do noso fillo.
Publicar un comentario