A partir desta semana, incorporamos unha nova
actividade á nosa parrilla de clase, a rutina do préstamo semanal de biblioteca.
Esta nova rutina, servirá para que nos sigamos
familiarizando coa dinámica da biblioteca, para que nos ilusionemos cun
ambiente propicio á lectura no ámbito escolar e familiar e para que nos
contaxiemos do entusiasmo dos libros como portadores dun mundo máxico e
marabilloso.
Ao longo de cada semana, coa axuda das nosas
familias traballaremos o conto para comprender o seu argumento, xa que cada
venres, nomearemos un contacontos seguindo a orde da casiña do panel de rutinas
que “lerá” o conto ao resto do grupo a través da intepretación das súas imaxes
e ilustracións.
Entre as moitíiisimas actividades que se
poden levar a cabo a partir do conto están: as actividades de comentar que
axudan a asimilar o conto e realizar unha trasposión dos feitos ás experiencias
vividas, actividades de xogo dramático, representando os roles dos
protagonistas, actividades de creación de historias: a ensalada de fábulas ou o
binomio fantástico de Gianni Rodari...
O contacontos semanal, terá o privilexio de
elexir o conto co que quere deleitarnos na súa sesión de contacontos, o resto levará
o conto asignado ao azar... non pasa nada!, todos teñen algo de interesante,
divertido ou curioso.
Moi entusiasmados coa actividade do préstamo,
o venres fomos á biblioteca non sen antes lembrar as normas que debemos seguir
cada vez que acudimos ao pabillón dos maiores... canto nos gusta correr!
Xa na biblioteca, lembramos as súas normas,
usos e funcións, sen perder de vista tooodos
os libros, contos, álbumes, DVD´s... que alí se atopan.
Logo, descubrimos os contos que levaremos durante
alomenos este primeiro trimestre: as coleccións de Caillou e Peppa Pig...
fantástica sorpresa!
CAILLOU é un neno de 4 anos que todo o que
atopa ao seu arredor convírtese na excusa perfecta para unha nova aventura,
aprender cousas novas e así descubrir o seu pequeno-gran mundo... que
interesante!
PEPPA PIG é unha divertida porquiña que xunto
coa súa familia e cos seus amigos, viviremos mil e unha aventura: a primeira
vez no dentista, na piscina, no parque de atraccións... historias que
contribuirán á transmisión de valores tales como a solidariedade, o respecto, a
igualdade, a colaboración...
A medida que avance o curso, estes contos irémolos
cambiando por outros máis de maiores; e serán máis de maiores porque coa axuda
das nosas familias poderemos silabealos, lelos como auténticos súper-maiores, pero para iso aínda temos
moooito que traballar, así que... paciencia!
Ler ten que
ser un tempo de pracer, de diversión e de disfrute... non o esquezades,
familias!
Este curso ademais, continuaremos coa realización
das fichas de lectura. Nesta tarefa, como non podía ser doutro xeito, nós deberemos
ser os protagonistas absolutos da actividade, encargados de cubrir os datos
solicitados e de realizar o debuxo do conto... este curso xa non hai excusa!
Lembramos que para realizar as fichas de
lectura, podemos empregar lápis e/ou rotuladores, intentando facelas sempre o
mellor posible e, neste senso, as nosas familias xogarán un papel indiscutible,
xa que na casa, ao igual que no cole... non todo vale!
Un saúdo e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario