Coma se dunha mañá máis se tratase, chegamos á aula, quitamos os nosos
abrigos, guantes, bufandas e gorros, puxemos o mandilón e realizamos o ritual
da asemblea: elección do súper-encargado, fichaxe de ausencias e presencias,
constatación do tempo atmosférico, actividades de lecto-escritura e
lóxica-matemática e unha nova chocolatina do noso Calendario de Adviento que
nos lembraba que o Nadal estaba a piques de chegar...
Foi logo de todo este ritual, cando nos decatamos de que na Pizarra
Dixital Interactiva había algo pegado: era unha ficha de cor azul, non, era un
debuxo, que va... era unha carta!!!...
Pero... quen nos escribía
unha carta?...
Axiña pensamos en que a carta
sería unha máis das que moitos de nós trouxemos durante os días previos para
unha das actividades organizadas polo “Equipo de Biblioteca”, pero non, nin
moito menos... a carta viña de Oriente! Rapidamente, descubrimos que
a carta viña nada máis e nada menos que... das Súas Maxestades os Reis Magos de
Oriente..., a-lu-ci-nan-te!
Cos ollos e as orellas abertas, moooi
abertas, e coa boca pechada, moooi pechada...
escoitamos con atención sen perder detalle do que poñía a carta.
As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, pedíannos que preparásemos as
nosas cartas, porque nos vindeiros días acudirían ao cole a recollelas.
O certo é que resultou doado determinar que agasallo non debe faltar
hoxe pola noite na nosa árbore de Nadal: coches, bonecas, carritos e cunas de
bebés, avións, patinetes... O máis complicado foi poñernos dacordo co que queremos que nos deixaran
para a clase.
Tras un intenso e longo debate, -custounos un chisquiño poñernos
dacordo-, debuxamos nunha carta as 3 cousas que lles pediríamos aos Reis Magos
para o cole. Agora tan só queda agardar ao vindeiro xoves 8 de xaneiro e
comprobar se lembraron pasar pola nosa aula, por 3 ANOS B...
Sen lugar a dúbidas, resultou unha situación extraordinariamente fantástica
a provocada tras a carta que as SS.MM. nos deixaron na nosa aula. Miramos e
remiramos pola ventá a ver si os viamos escondidos tras as nubes brancas que
esa mañá había no ceo, pero...
Non houbo sorte... nin rastro de coroa, de barba ou de capa de Rei
Mago... iso si!... SABELA R.G. e GAEL, comentaron moi entusiasmados, que de
camiño para o cole, viran cruzar a estrada aos Reis Magos montados nos seus
camelos... que afortunados!...
Xa o xoves 18, os 3 Reis Magos dende o máis lonxano Oriente viñeron
visitarnos ao cole.
Foi unha mañá de nervios, moooitos nervios, unha mañá de festa total... Estabamos
impacientes, moi, pero que moi impacientes, e rapidamente comezamos a
preguntarlle ao profe si o policía que cada mañá curta o tráfico no paso de
peóns estaba xa no seu lugar para que os Reis Magos montados nos seus camelos puidesen
cruzar a estrada.
Xa logo... dando cos pés no cú, acudimos ao pabillón norte
e...
alí, alí mesmo estaban os 3 Magos de Oriente sentados nos seus tronos
reais... que momentazo!
E para repoñer forzas... unha merenda especial, unha merenda rica-riquísima
de Nadal, para a que cada un trouxo o seu postre preferido: turrón, froitos secos,
galletas e, chocolate, moooito
chocolate... mmm, delicious!
FAMILIAS!!!... Despois dun Nadal repleto seguro de mil e unha anécdotas cargadas
de toneladas de ilusión, maxia e fantasía, agardamos que voltedes a crer nos
Reis Magos, e nunca esquezades que... os
Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos que cren neles!...
Un saúdo moooi NeRvIoSo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Encántanme estas fotos!!
Con qué ilusión e encanto miran pola ventaiña esperando ver os reis magos.
E qué cariñas "chocolateadas" papando as preadas de Nadal, parecen sacados dun episodio de Peppa Pig onde tras comer unha tarta de chocolate quédalles os morriños manchados do preciado cacao.
Dende logo, nas fotos onde se ven papando véselles unhas caras e posturas de estar ben cómodos e .... como na casa!!
Publicar un comentario