Siii, hoxe comezou de novo o cole
tras as vacacións de verán e, aínda que pasaron xa máis de dous meses dende que
moitos nos vimos por última vez, parece que foi onte cando rematou o cole...
como pasa o tempo, xa estamos de novo co mandilón!
Estabamos nerviosos, ilusionados e algúns de nós ata con vergoña, si, si,
menos mal que, xa na clase, e transcurridos uns minutiños, todos e todas
volvimos a ser os “nenos e nenas do profe”; non se trata duns nenos e nenas
calquera... nooon! Trátase dos nenos
e nenas máis especiais do universo mundial, aos que se suman dous novos
amiguiños: Rodrigo e, de novo, Carla S.,... benvidos, xuntos pasarémolo
fenomenal!
Unha vez todos e todas na aula, quen máis e quen menos lembraba cal era o
seu sitio na liña vermella da asemblea, pero hoxe, ao tratarse dun día especial
-era o día da presentación como ben nos explicou Froilán-, puidemos sentar no
sitio que quixeramos, ao carón do noso amiguiño ou amiguiña... e por que? Pois
porque hoxe coñeceriamos un dato que resulta especialmente interesante para a
nosa vida cotiá na aula, coñeceriamos os novos equipos de traballo e o lugar no
que nos sentaremos durante o ano... guaaau!
Para este novo curso, o profe organizou 4 equipos: o Equipo do “M”, do “P”,
do “L” e do “S”. Deste xeito, e mediante unha dinámica sinxela, coñecimos cal
será o noso sitio ao longo deste curso e con quen compartiremos diariamente as
actividades e o traballo individual.
O certo é que ninguén amosou reticencias a cambiar de mesa de traballo e de
compañeiros... velaí van os equipos para este curso!
No Equipo do “M” estarán Nerea,
Lois, Diego, Luis Miguel, Daniela e Carla S..
No Equipo do “P” estarán Unai,
Carla V., Rodrigo e Tania e no Equipo do
“L”: Froilán, Xiana X., Leo e Mencía.
Finalmente, noutra das mesas grandes estará o Equipo do “S” formado por Sergio, Roi, Andrea, Lucía e Álvaro
Bueno, todo isto sempre e cando nos portemos en cada momento como é debido
e traballemos a modiño, do contrario...
Logo disto, e ao tratarse dun día diferente tamén no que a horario se
refire, basicamente adicámonos a poñernos ao día e facer partícipes ao resto de
compañeiros e compañeiras e ao profe de todas as vivencias que, dalgunha
maneira, marcaron as nosas vacacións. Menudas vacacións máis intensas!
Estabamos contentos, nerviosos, ilusionados... raros!, o profe notounos
maiores, moi maiores, unha proba evidente do paso do tempo e do noso proceso de
desenvolvemento.
Despois da asemblea, descubrimos algunhas das novidades máis significativas da
aula, e claro, como non podía ser doutra maneira, redescubrimos á nosa nova
mascota, a ra Pascuala da que vos falaremos máis adiante...
Uf!, soubonos a pouco, pero sen
lugar a dúbidas foi o mellor aperitivo para comezar este curso con máis ganas que
nunca e co mellor dos nosos sorrisos. Estamos seguros de que... este curso será
total!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
3 comentarios:
benvidos sexan os novos compañeiros!! Cal é o motivo de asignarlle unha letra a cada equipo? ten algun significado?
Aínda que a maioría dos nenos e nenas identifican e trazan con relativa soltura todos os grafemas do abecedario, será neste curso cando traballaremos máis sistematicamente cada consoante, comezando polo "M","P", "L", "S" e "T". (sempre en letra maiúscula, a letra enlazada en pauta a traballaremos en 5 anos)
Asemade, traballaremos para que os nenos e nenas realicen os seus primeiros exercicios de prelectura silábica, sen esquecer que cada neno e nena ten o seu ritmo persoal de aprendizaxe.
Seguro que será total, sólo hay que proponérselo!!!!!!!!!
Un besazo
Publicar un comentario