Logo de levar a
cabo diferentes actividades que puxeron a proba as nosas aprendizaxes previas;
esta semana comezamos os tan ansiados materiais de 5 ANOS.
Neste senso, e
mergullados en “Los increíbles Mun”,
o primeiro que fixemos foi observar, identificar e nomear algunhas das
características de MUNÍBAL, -mascota de 5 ANOS-, establecendo comparacións con
MUNA e MUNELA, -mascotas de 3 e 4 ANOS-.
Axiña coidamos que
MUNÍBAL tiña o corpo, o pelo e ata a boca de cor azul, así que diferenciamos de
que azul se trataba en cada caso: azul mariño para pelo e boca e “azul
cielo-camuflado” para o corpo. Asemade,
descubrimos que, do mesmo xeito que MUNA e MUNELA, MUNÍBAL, ten os
cornos de cor amarela e que as pernas e os brazos non son dobres... “Los
increíbles MUN”, teñen brazos e pernas de “espantapájaros”!...
Así pois, para rematar esta etapa como ben merece, contaremos como mascota
con MUNÍBAL, un monstro aventureiro e tenro que, entre outros cometidos,
propiciará un achegamento cara a lecto-escritura.
Este curso, MUNÍBAL
atoparase situado nun lugar privilexiado da aula e converterase nun excepcional
eixo motivador que nos presentará, a través das súas historias, cada centro de
interese: a familia, o corpo humano, a literatura infantil, os medios de
comunicación, a natureza,... canto traballo!
Indubidablemente,
ao estar na aula de 5 ANOS, debemos prestar máis atención que nunca ao traballo
propio, despreocupándonos do traballo alleo, sen présa, amodo, con paciencia e
bo facer... non todo vale!
Agora xa, non hai escusas,
cómpre poñer todo da nosa parte para facelo o mellor que sabemos, desenvolvendo
por orde as instrucións que se indican en cada actividade: rodeamos, riscamos,
unimos, coloreamos, pegamos gomets, escribimos palabras, trazamos
números...
Do mesmo xeito, no
tempo adicado ao traballo obrigatorio en mesa, debemos cumprir as normas
establecidas: traballar en silenzo, non erguerse ata rematar a actividade e, de
ser o caso, borrar ao final... que complicado!
Non se trata duns
libros calquera... nooon!! Trátase
duns libros diferentes, especiais; son libros de súper-maiores, con actividades que nos axudarán a comprender o noso
pequeno-gran mundo... fantástico!
E a vindeira
semana?... A vindeira semana cadaquén celebrará as festas da nosa cidade ao seu
xeito, dando conta do vivido nas asembleas e nos tempos de faladoiro porque siii,
o San Froilán 2019 xa está aquí!... preparados?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Parece increíble... Todos atendendo o seu traballo sen mirar á cámara
Publicar un comentario