Bienvenido

UN CASTELO... "DIVINO DE LA MUERTE"!

miércoles, 31 de octubre de 2012

E por fin, por fin chegou o gran día e hoxe celebramos no cole a festa do Halloween-Samaín, foi o colofón a uns días terroríficamente divertidos cheos de cabazas, bruxas e moooitas historias de medo.
Así, durante a semana pasada, moi pero que moi entusiasmados, traballamos arreo en diversas actividades impresas que nos serviron para redescubrir e identificar algúns dos aspectos máis representativos desta data. Coñecimos os elementos que caracterizan a unha bruxa (sombreiro-vasoira-gato), realizamos seriacións de pantasmas de cores, escribimos o nome daquelas personaxes fantásticas que máis nos asustan, e ata fixemos os nosos propios debuxos; uns debuxos libres, sen modelo, xa que non somos nenos e nenas de 3 anos… quedaron estupendérrimos e máis dun profe quedou sen palabras!




Pero sen lugar a dúbidas, unha das actividades máis terrorificamente divertida, foi a recreación, un curso máis, do noso castelo encantado. Se lembrades, o curso pasado, entre todos e todas pintaramos un castelo que, máis tarde se enchería de pantasmas de sobra coñecidas por todos e todas, non si?... Pois ben, este curso, lonxe de encherse unicamente de pantasmas, decidimos engadirlle novas personaxes, e que mellores personaxes que aquelas as que máis medo lles temos: vampiros, bruxas, esqueletes, morcegos e, por suposto, o gran descubrimento deste curso… Frankenstein!
UN CASTELO... "DIVINO DE LA MUERTE"!












Ademais de todo isto, dispuxéronse nas paredes dos corredores papel continuo de cor negra, un papel negro que axiña se comezou a encher de elementos representativos desta data que fomos recreando unha vez rematado o traballo obrigatorio marcado para ese día.



Simultaneamente a todas estas actividades, traballamos algúns dos contos que unicamente lemos nesta data; uns contos que escoitamos no máis dos absolutos silenzos unha e outra vez, así que non serían un mal agasallo para pedirlle a Papa Noel ou ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente.
Unha pantasma con asma. (Edit. Kalandraka)
Sonidos de Miedo. (Edit. SM)
El cumpleaños de Enrique. (Edit. Edelvives)














Por outra banda, e por se todo isto fose pouco, unha vez máis dende o centro pediuse a colaboración das nosas familias para a elaboración das cabazas: dende bruxas, vampiros e pallasos, ata unha cabaza excavadora… mil millóns de grazas, familias!
Ao igual que o curso pasado, decidiuse expoñer as cabazas nas fiestras do cole, para no serán, acender as velas que levaban dentro e deste xeito o cole parecese que estaba encantado. Para iso, a mañá do martes, saimos ao aparcadoiro da parte dianteira e dispuxemos as nosas cabazas ao longo das nosas fiestras… quedaron xeniais!


Finalmente, hoxe celebramos o Halloween-Samaín e para iso, o mércores, despois do momento destinado ao patio, puxemos o disfraz e moi pero que moi nerviosos, agardamos a que os maiores, vestidos de seres monstruosos nos cantaran unha divertida canción. 
Este curso os máis pequerrechos do cole disfrazáranse de arañas, os máis maiores, os nenos e nenas de 5 anos de bruxos e bruxas e, nós… de cabazas!
TRUCO OU TRATO?...


Aínda que ao longo da semana o profe intentou concienciarnos para o que ía acontecer o mércores e de que varios de nós presumiamos de ser os máis valientes do cole, pasou o inevitable e a máis dun escapóuselle algunha que outra bágoa, pero é que os maiores traian unhas máscaras, buf… que meeedo!
Foron días nos que, mergullados no Halloween-Samaín, reforzamos e consolidamos algúns contidos de traballo que nos están custando especialmente, pero que vos parece si vos contamos que algún de nós xa le sen apenas titubeos os fonemas traballados ata o momento?... Seguide moi atentos ao noso blogue que axiña vos contaremos de que xeito realizamos diariamente as nosas primeiras lecturas.
Un saúdo escalofriante e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

6 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Este Viernes s hará de cuentacuentos:

- LOIS: "A que sabe a Lúa?". (Edit. Kalandraka)

Anónimo dijo...

qUE GUAPOS E GUAPAS !!!!!!!!!!!!!!

Que ben o deberon de pasar.... e non me estraña nada que algún se asustara... ata me dá medo a min que son maior.

e agora que nos toca??? polo que me contaron .....
algo do MAGOSTO, verdade???

B.C dijo...

Fantástica la decoración de aula y curradisisimos los "disfraces"...

Un besazo

Anónimo dijo...

Como disfrutaron esta semana, completissima que foi! e que divertido escoitalos. un saudo

Profe J.Ricardo dijo...

Pois si, despois do Halloween-Samaín toca disfrutar do magosto que, se o tempo acompaña, celebraremos o venres... están ilusionadísimos con todos os preparativos.

Anónimo dijo...

Grazas polo voso esforzo e por facer posible que puidésemos disfrutar cos nosos rapaces da "visita nocturna" ó cole para ver a exposición das cabazas...disfrutaron moitísimo...