Esta
semana, comezamos o 3º trimestre coa celebración establecida no calendario
escolar da Semana do Libro 2019.
Esta
conmemoración non pasou desapercibida na
nosa aula e realizamos diferentes actividades cuxo eixo motivador foron
os contos.
Comezamos
na asemblea matinal conversando sobre
os nosos contos preferidos, dende os clásicos de sempre como Caperucita Roja e Los 3 cerditos, ata os
máis actuais como Peppa Pig e Frozen.
Do mesmo
xeito, o martes, elaboramos un marcapáxinas de MUNELA para empregar acotío na
casa. Coloreamos cara, pelo e cornos, amodo, sen saírnos do contorno e sen deixar
ocos, prestando atención ás cores correspondentes de cada parte. Xa por último,
pegamos o ollo na parte central e... marcapáxinas listo!...
Ao tempo,
con enerxías renovadas logo das vacacións, o mércores visitamos a Biblioteca
Pública sita preto ao cole, participando activamente nas actividades propostas.
Comezamos
lembrando algunhas normas básicas de urbanidade para evitar o caos do pasarrúas
do Arde Lvcvs MMXVIII: agarrados da nosa parella, non andar moi rápido nin moi
despacio, non baixar da beirarrúa...
Xa na
biblioteca, tivemos unha sesión de contacontos cuxos protagonistas foron unhas
galiñas e... un lobo!... xusto o personaxe que precisabamos para non perder
detalle... fantástico!
Deseguido,
da man da bibliotecaria, tomando como eixo motivador a historia dun pirata e do
cofre do tesouro que deixou para nós, descubrimos que na biblioteca ademais de
libros, hai vídeos, CD, discos, películas...
Tamén que
os libros poden ser grandes ou pequenos, grosos ou delgados, con debuxos ou sen
debuxos, con letras ou sen elas, de distintas formas...
Neste senso,
os libros están ordenados por materias. Nun lado están os libros de contos,
noutro os dicionarios e as enciclopedias, noutro os libros de viaxes... e para atopar
un libro só temos que buscar axuda na bibliotecaria ou bibliotecario.
Abraiados
e sen perder detalle estivemos o tempo que durou a motivación do pirata no que
ao tempo, se nos foron presentando algunhas normas de uso da biblioteca: débese
estar en silencio ou falar baixiño para non incomodar a outras persoas, coidar
os libros como se fosen teus, despois de usar un libro volvelo poñer no lugar
onde estaba, devolver os libros e demais materiais nas datas establecidas...
canto aprendemos!
Como
actividade de peche, que mellor que un tempo de manipulación libre na sala de
lectura cunha morea de contos dispostos para tal efecto. Uf!... había libros de aventuras, de maxia, de inventos, de
animais, de bruxas, cómics... había libros para todos os gustos!
Os días
posteriores, e dado o cúmulo de experiencias vividas, nas asembleas matinais
comentamos que foi o que máis nos gustou da saída. Neste senso, axiña coidamos
que nos gustaría facer o carné da biblioteca para poder levar para a casa,
alomenos, o DVD de Harry Potter e/ou Mary Poppins, deixando unha testemuña da
experiencia nuns debuxos aos que cada vez lles faltan menos detalles...
parabéns!
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario