Bienvenido

A CASTAÑA CATARINA...

viernes, 16 de noviembre de 2012

A xornada de hoxe no cole resultou diferente, xa que celebramos a nivel de centro o Magosto, un día precedido dunha serie de actividades que dunha maneira amena e divertida servíronnos para descubrir algunhas das modificacións que se producen no contorno e na vida das persoas coa chegada do outono.
A ver a ver… que cambios trae consigo a chegada do outono?...
Pois que ás árbores lles caen as follas, que vai máis frío e xa non podemos ir á praia, que vimos máis abrigadiños ao cole…
Xa logo, e a través do conto da rá Pascuala, Unha casa nun cogomelo, coñecimos algún elemento característico máis do outono: os caracois, os esquíos, as catiuscas e chuvasqueiros, os ourizos das castañas e… os cogomelos!


Sen lugar a dúbida, as cores das follas das árbores foi un tema que nos suscitou gran curiosidade e interese, xa que ademais de ser de cor amarela e marrón, no outono, a cor das follas dalgunhas árbores, tamén son de cor laranxa e vermella. Este pequeno-gran descubrimento, plasmámolo nunha actividade impresa individual na que estampamos con témpera a unha árbore outonal, follas de cor marrón, amarela, vermella e laranxa… quedaron sensacionais!


Asemade, outra das actividades que marcaron as asembleas matinais, foi a incorporación como nova rutina da observación, manipulación e experimentación de froitos típicos do outono.
Nestas cestas que cada mañá traian os nosos compañeiros e compañeiras había distintos froitos; dende os máis representativos como as castañas e as noces, ata outros menos habituais que moitos de nos apenas coñecíamos, tales como as granadas, uns froitos que están cheíños de boliñas pequerrechiñas. Unha vez máis... mil millóns de grazas!


E por suposto, entre tanto, non podiamos esquecer a elaboración dos accesorios que lucimos na celebración do magosto.
Este curso, elaboramos un cesto para as castañas a partir de material de desfeito e refugallo. Cubrimos de papeliños de cores un tetra brick, parece un traballo doado, pero os papeliños non podían ir pegados de calquera xeito, e coma se dun crebacabezas se tratase, todos e todas decoramos o noso cesto para as castañas.


Tendo en conta que fai apenas dúas semanas que celebrabamos o Samaín-Halloween, non é de extrañar que nos custe un chisquiño diferenciar perfectamente unha celebración doutra. Por iso, e para despexar calquera tipo de dúbida, que mellor que facelo a través da lectura do conto de tradición popular de A castaña Catarina. Unha historia na que se amosa a partir das súas protagonistas, as castañas Catarina e Catuxa, o proceso de crecemento dunha castaña.

A CASTAÑA CATARINA

No Magosto, pasámolo fenomenal participando nos xogos populares que se organizaron no recinto do centro.

CARREIRA DE SACOS
CARREIRA DE SACOS







ATRAPA A CASTAÑA
ATRAPA A CASTAÑA


MACRO-CREBACABEZAS
MACRO-CREBACABEZAS


TRAGACASTAÑAS
TRAGACASTAÑAS





MAGOSTO DE CORES
Mentres participabamos en cada xogo, moi impacientes, agardabamos a que as castañas estiveran listas e preparadas para comer, algo que tivemos moi presente durante toda a xornada, xa que varios de nós no momento da entrada ao cole vimos nada máis e nada menos que... o lume para asar as castañas!













Xa na clase, e máis tranquilos, lembramos o cúmulo de experiencias vividas durante a xornada, unhas experiencias que abofé estarán patentes na aula propiciando descubrimentos, xerando aprendizaxes e contribuíndo a que día a día nos vaiamos facendo máis súper-maiores...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Este Viernes hará de cuentacuentos:

- CARLA S.: "Un conto cheo de lobos". (Edit. OQO)

Anónimo dijo...

QUE EXITO O CONTO DA CASTAÑA CATARINA! E QUE LINDA A CANCION DO OTOÑO" FAIME GRACIA A DIFERENCIA NA FORMA DE CANTALA O ANO PASADO A MANEIRA NA QUE O FAN ESTE. O OUTONO XA NON E MALON Y AMALILLO, QUE GRACIA!!

Anónimo dijo...

Pois xa vai sendo hora de que pronuncien ben o "r" senon necesitaran "axuda"

Profe J.Ricardo dijo...

A mala pronunica do fonema /R/ é algo moi habitual nos nenos e nenas de Educación Infantil, unha mala pronuncia que en moitos casos se debe a algo evolutivo.

Os especialistas en Audición e Linguaxe non aconsellan o traballo sistemático deste fonema ata a Educación Primaria.

J.Ricardo.