Si, si, si, o antroido xa está aquí!... E hoxe tivemos o tradicional correrúas que serviu de
colofón final a unha semana diferente no que desenvolvimos actividades
relacionadas co antroido.
Así, para celebrar a chegada do antroido, un curso máis
dispúxose nos corredores de cada pavillón xa dende a semana pasada, o “Toribiño.
Como sabedes, o Toribiño é un esquelete que, cada curso
visita o cole cun cometido: día a día encárgase de comunicar cal é a consigna
establecida, en canto a indumentaria se refire, que debemos levar o próximo día
ao colexio.
Desta vez, o Toribiño ordenou: para o luns colares, o
martes os zapatos decorados, o mércores con coloretes e xa o xoves algo na
cabeza. Podedes facervos unha idea de como rematamos a semana... antroidos de
primeira! aderezados, como non podía ser doutro xeito, co antiface que
coloreamos con paciencia, moita, pero que moita paciencia de MOLI...
Este curso, o centro de interese para o antroido estableceuse
por ciclos-niveis. No caso de Educación Infantil, a temática seleccionada polo
Equipo de Ciclo foi a dos contos infantís.
Nas asembleas matinais levamos a cabo torbeliños de ideas
para detectar os nosos gustos no que a personaxes de contos infantís se refire
e, dalgunha maneira, que o disfrace escollido nos resultase significativo.
- A ver, a ver... personaxes de contos favoritos?...
- Patrulla Canina, Peppa Pig... Frozen, Raio MacQueen...
Spiderman, as Tortujas Ninja... -e así todo ata o infinito e máis alá!-
Que foi de Carapuchiña Vermella e o Lobo Feroz?... ou dos
3 porquiños?... ou de Cincenta e Blancanieves?... Que mágoa que os contos de
sempre queden relegados a un segundo, terceiro, case inexistente plano!...
Finalmente, como xa vos contaramos, os nenos e nenas de 3
anos irían de Carapuchiña Vermella e Lobo Feroz, os nenos e nenas de 5 anos de
Peter Pan e Campanilla e nós, de 4 anos... de Blancanieves e de Príncipe Azul!
Foi un notición, e contra todo pronóstico, logo de ver a fotografía do disfrace de Príncipe Azul, os nenos tolearon: espada e capa... coma un súper-heroe... estupentástica nova!
Fíxose longa a semana, e todos e todas estabamos
ilusionadísimos co día do correrúas, tan só quedaba agardar que non chovese e
sucedese o do curso pasado... que caos!
Para que a espera se fixese máis levadeira, durante a
semana vimos fragmentos da película de Blancanieves
y los siete enanitos de Disney, escoitamos a súa BSO no momento da merenda,
concluímos que o Príncipe Azul leva a espada de adorno, a mellor arma foi o
bico a Blancanieves...
Asemade, aproveitamos para facer e refacer unha e outra
vez os puzzles de 50 pezas de BLANCANIEVES, os ENANITOS, a BRUXA e o PRÍNCIPE AZUL.
Xa o venres, guapísimos de princesas e príncipes,
acudimos ao cole que ese día foi de conto... que ben o pasamos!
As nenas, impresionantes, moi, pero que moi guapas...
auténticas princesas!
E os nenos... espectaculares, causaron furor!...
Faltaban dúas Blancanieves: PAULA e EVA. Xa logo, apareceu unha fantástica EVA e repetimos sesión de fotos xa no exterior do cole... que sol ía!
Durante o correrúas, como si se tratase dalgo decote para
nós, como se fósemos expertos na materia, seguimos os pasos marcados a carón da
nosa princesa ou príncipe, saudamos ás nosas familias entregadas coa actividade
do colexio... deixamos claro que 4 anos B estaba aquí!
Xa de novo na clase, tocaba repoñer forzas, e para iso
degustamos na mesa grande todos os postres de antroido aportados polas nosas
familias: roscas, freixós, orellas... mmm,
estaban deliciosas!
Mil millóns de GRAZAS, familias!... Sen a vosa
colaboración este cole de conto non podería facerse realidade!... fomos os
mellores porque vós sodes as mellores!...
E colorín colorado, non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
4 comentarios:
Son a tía dunha nena de 4 anos B, e encantoume que a temática elixida para o Entroido fose a dos contos, posto que a literatura é o mellor alimento para a creatividade de nenos e adultos.
Sen embargo, non me gustou nada que tivesedes que recorrer a un dos grandes tópicos sexistas que seguen gravados a lume no colectivo, en xeral: as nenas son princesas e os nenos son príncipes. Non sei se se lle deu a oportunidade ao alumnado de que escollese se quería disfrazarse do personaxe feminino ou do masculino, pero creo que debería ser obrigatorio.
Seguro que a moitos pais e nais lles parece rizar o rizo pensar como penso eu (miña irmá, a nai da propia nena así o pensa) pero eu creo firmemente que a lacra sexista que segue a existir na actualidade empeza nos pequenos detalles e, sobre todo, debemos empezar a cambiar a forma "tradicional" do patriarcado desde os máis pequenos.
Para ensinarlles que os contos tamén poden dar a volta e que o "significativo" sexa que Brancaneves e o resto de princesas son máis intelixentes que fermosas, autosuficientes e que non dependen de ningún príncipe encantador que as pasee da man.
Despois do festival de nadal, o correrúas e un dos días mais agardados tanto polos nen@s como polas respectivas familias.
O día estivo espectacular, e non nos quedou dúbida de que non faltou detalle pero tamén sabemos que o conto non sería posible sen a colaboración dos ENANITOS e como non da impresionante BRUXA coa sua apetitosa MAZÁ.
Tamén aproveitamos para felicitar o COLEXIO e a tódalas aulas polo traballo realizado e facernos pasar un día tan especial.
Estivestes todos REQUETEGUAPOS
Noraboa peques, príncipes e princesas, estabades todos guapísimos!!! Tamén a bruxa e os enaniños!!!
Foi moi bonito o desfile.
Por fin voltou unha das tradicións mais chulas que había en Rianxo, logo de varios anos, e con ela voltou a alegría dese venres de Antroido no que medio pobo se paraliza e se bota á rúa a ver ós nosos pequenos co seu disfraz cheos de ilusión.
Moitas gracias por facernos pasar un día maravilloso e noraboa a todos!!!
Respeto a tua opinión pero tes razón, pareceme rizar o rizo, porque estamos falando de nenos de catro anos.
Non hai que sacar as cousas de quicio muller, non metamos nun simple desfile de Antroido, no que o único que interesa ás familias é disfrutar do día cos nosos pequenos, cousas que non veñen ó caso e das que os nenos nin se enteran.
Non dramaticemos, que só é un desfile!
E que conste, que a min persoalmente non ne gustaba disfrazarme de princesa, pero agora entendo a miña nai cando me poñia esos disfraces...a quen non lle gusta ver á sua peque de princesiña!!!
Verdad que estaban tod@s guapisim@s????
Publicar un comentario