“Quen quere voar?...
Quen quere ata as estrelas chegar?... Quen vai atopar o tesouro?...” Con estas e outras
preguntas recollidas nun poema, comezamos as actividades coas que celebrar o
“Día do Libro 2015” .
Nas asembleas descubrimos que o “Día do Libro” conmemórase cada 23 de
abril por ser a data na que morreron escritores da talla de Miguel de
Cervantes, Garcilaso de la Vega
ou William Shakespeare.
Xa dun xeito máis contextualizado cos nosos intereses,
conversamos sobre algúns dos nosos contos favoritos,... cantos contos contamos!
Primeiro saíron contos de sempre como o de Caperucita Roja, Los 3 cerditos ou El patito feo
e coleccións dos personaxes dos nosos debuxos animados preferidos como Caillou ou Peppa Pig. Asemade, lembramos algúns dos contos que levamos na
actividade do préstamo: A que sabe a
lúa?, A bruxa regañadentes ou Renato
da editorial Kalandraka, tamén o conto de Corre
corre, cabaciña, Cocorico ou Paco
Papán de OQO editora; historias que, nalgúns casos, se converten en
auténticas obras mestras da literatura infantil actual.
Estes e outros contos, constitúen a materia prima dun dos
espazos creados na nosa aula nos que a fantasía, a imaxinación e a viaxe a fantásticos
lugares está garantizado... o rincón da biblioteca!
Neste senso, grazas a Carmen a profe de P.E.L.O.,
coñecimos un novo conto que trouxo consigo diversas actividades co gallo do
“Día do Libro”.
MONSTRUO ROSA. (Apila ediciones) |
MONSTRUO ROSA é un conto sobre o valor da diferenza, unha historia para
entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade.
Debuxamos aos
personaxes do conto: o bicho bola de cor NEGRA,
a rá dos tres ollos de cor VERDE, os paxariños de cor AMARELA, o monstro dos abrazos de
cor AZUL...
etc
Tamén creamos e recreamos cadanseu protagonista,
converténdonos xunto cos nenos e nenas de 3 ANOS A en... Monstruos Rosas!...
Quedou un estupendo traballo co que agasallamos á
bibliotecaria da nosa vila... fantástico!
Xa o martes, logo da asemblea e lembradas as normas
que debemos seguir durante as saídas, acudimos á Biblioteca Pública Municipal
de Rianxo.
Saímos do colexio sen tan sequera sacar o mandilón...
Camiñamos amodo, agarradiños e ben arrimados á parede...
E por fin, por fin chegamos á biblioteca da nosa vila,
un espazo que moitos xa coñecemos por acudir algunha tarde coa nosa familia...
non si?..
Alí, recibiunos Sofía, a bibliotecaria, que nos
sorprendeu cun marabilloso deseño de Monstruo Rosa na súa camiseta... estaba
sensacional!
Sen perder detalle, na zona infantil, escoitamos a
historia de Monstruo Rosa e coñecimos algúns contos que podemos levar para as
nosas casas.
Asemade, Sofía contounos coa técnica do Kamishibai un
conto propio de África: Por que hai
tantas pedras no fondo dos ríos? da editorial Miniland.
Ademais de todo isto, na biblioteca tamén houbo un tempo
para traballar, pintando en pequeno grupo algún elemento para o mural do
Monstruo Rosa: casas, nubes, árbores... cantas cores!
E para rematar,... que mellor xeito que ollar de xeito libre os contos
da biblioteca?… uf, aí si hai contos!
1 comentarios:
A partir desta semana teremos cada venres un único contacontos.
O contacontos deste venres será:
- NAIRA: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. (Edit. Kalandraka)
Publicar un comentario