Este mes de decembro no cole é moi especial xa que trae consigo variadas e divertidas sorpresas que agardamos durante todo o ano e que, dado o cúmulo de experiencias que suscitan, atópanse moi presentes nas nosas conversas do resto do curso: a lectura de contos de Nadal, os últimos aniversarios do ano -tranquilo LOIS que xa falta menos-, os ensaios do Festival e o “Calendario de Adviento”.
Siii, este curso volta de novo un clásico do noso cole... temos o tan ansiado Festival de Nadal que tanto interese e entusiasmo suscita para as nosas familias. Estamos traballando arreo, o profe deu no clavo coa selección da canción e incluso cando estamos realizando o traballo individual de cada día lle pedimos eufóricos que a poña no ordenador unha e outra vez. O venres 20 de decembro ás 10:00h. da mañá será o gran día no que compartiremos con todas as nosas familias un saboroso CHICLE COSMOS... A nosa actuación irá adicada con todo o cariño do universo mundial para as nosas familias... sodes únicas!
Por outra banda, este luns 2 decembro, o profe trouxo tal e como nos anunciara e prometera a semana pasada, o tan agardado “Calendario de Adviento”.
Deste xeito, intrigados pola ilustración que aparecería no calendario deste curso, descubrimos que non se trataba nin de Dora La Exploradora , nin das Monster High, ni tan sequera de Pocoyó... -os días previos, o profe alimentara a nosa curiosidade dicíndonos a modo de pista que se trataba duns dos nosos debuxos favoritos-...
Pois claro, de quen se ía tratar?... Nada máis e nada menos que de... Peppa Pig... we love Peppa Pig!!!...
Cada mañá, o súper-encargado abre a portiña do día correspondente e come a deliciosa chocolatina tras descubrir o debuxo que se agocha en cada unha das súas ventas... mmm!
Esta rutina cotiá, un curso máis, proporciona distintas situacións de ensinanza-aprendizaxe que non deixamos escapar, pois ademais de realizar actividades relacionadas coa lóxica-matemática tales como contar, sumar, restar, identificar o número do día no que nos atopamos… propicia multitude de conversacións sobre esta data que tan especial resulta para os máis pequenos e para os que non son tan pequenos... a que si?...
Asemade, o súper-encargado/a de cada día gorro de Papa Noel incorporado, escribe en letra maiúscula ou minúscula as palabras que vai indicando o profe e que, na medida do posible están vencelladas co Antigo Exipto, centro de interese que estamos traballando.
E é que este curso, a nosa carta ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, deberá ir escrita en letra minúscula para que nos traian cousas de súper-maiores; así que nestes días xa comezamos a pensar que cousas nos gustaría que nos trouxeran para o cole... uf, que complicado! Admítense suxerencias!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
MAIS PEZAS PARA RINCONES!!! MOI POUCAS DEBE HABER, OU MOI SOLICITADAS ESTAN.
QUE SECRETOS SON OS NENOS, NON DAN PÍO DO FESTIVAL...QUE GANAS DE QUE CHEGUE O DIA!!!
Publicar un comentario