Con Elsa, Anna e Olaf, atopamos a
mellor das motivacións posibles para descubrir, identificar e valorar algúns dos
elementos e cambios producidos no contorno e na vida das persoas coa chegada do
inverno... que frío!
Mergullados neste centro de interese, comezamos nas asembleas matinais con
torbeliños de ideas varios sobre o inverno.
O certo é que as asembleas matinais resultan cada vez máis produtivas no incio
dun novo centro de interese, evidenciando os nosos coñecementos previos e
necesidades de aprendizaxe cara o tema de estudo.
Así, e tras ollar as roupas de abrigo dos percheiros, conversamos sobre a
indumentaria propia que precisamos para protexer o noso corpo contra o frío: pezas
máis grosas, uso de materiais máis cálidos, maior cantidade de roupa...
Neste senso, ademais de recoñecer bufandas, gorros e luvas como accesorios
específicos do inverno, descubrimos un novo complemento indispensable para
protexer os oídos do frío polar... as “orejeras”!...
Co gallo deste complemento, e con actitude de traballo, desenvolvimos un
improvisado obradoiro de plástica no que confeccionamos as nosas propias “orejeras”
pintando con pincel e témpera o troquelado propio da unidade.
Xa durante a semana, reunidos de novo na asemblea, probamos unha e outra
vez o resultado final, logo de engadir como elemento decorativo un arame de cor
vermella... espectacular!
E MUNA?... Pois claro que si, MUNA tamén tiña as súas “orejeras” axustadas
totalmente á súa cabeza... resultou a talla perfecta!
Sen lugar a dúbidas, quedounos clara a necesidade de abrigarse para evitar arrefriados, gripes,
dores de gorxa…, proba irrefutable disto é o abrigados que saimos ao ximnasio
para disfrutar do momento do recreo: poñemos abrigo, e si chove... ata capucha!
Por outra banda, se algo tamén temos claro, é que no inverno hai neve, moita
moooita neve… e que podemos facer coa
neve?... Uf!, un montón de cousas
divertidas: bonecos de neve, bólas de neve, patinar, esquiar... As alusións a Frozen foron case inmediatas, un feito
que suscitou a escoita activa e visionado de fragmentos parciais do filme...
cando Anna pide a Elsa o boneco de neve... o noso favorito!
E para rematar esta semana de traballo, que mellor que saír o venres
ataviados co noso complemento perfecto... as “orejeras”!... así siii!...
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario