Convencidos que
un lector non nace, faise, a partir desta semana adicaremos gran parte do
traballo aos contidos vencellados á lecto-escritura, transmitindo o valor da
lectura como unha fonte de aproximación a novos coñecementos e como unha porta
aberta á fantasía.
Neste senso, son
diversas as actividades e rutinas cotiás
nas que se presentan situacións excepcionais nas que o uso, case
sistemático da lectura e escrita, faise de obrigado cumprimento.
Así pois, nas
asembleas matinais realizamos o fichaxe de ausencias e presenzas -identificando o nome dos compañeiros e
compañeiras ausentes-,
escribimos a data
no encerado e en cada actividade impresa -con
día e número-,
escritura no
encerado do nome do súper-encargado,
así como outras palabras significativas que xa temos automatizadas...,
escrita de grafemas,
asociando a nomes de compañeiros e compañeiras, -isto a algúns séguelles custando máis do que debera... ánimo!-...
ilusionados escribimos
o nome e número na coroa de aniversario,
ollamos os días
da semana de PIPO, os meses do ano no tren dos aniversarios, todos os rótulos
das gabetas, rincóns e armarios...
Indubidablemente
a nosa aula convértese nun verdadeiro entorno receptor alfabético, onde a
lecto-escritura é unha aprendizaxe máis que construímos e reconstruímos a
partir dunha visión construtivista escolar.
Xa dun xeito máis
formal, este trimestre iniciámonos na escrita enlazada a través das historias
de PATA, PATO, INMA, ÚRSULA, ANA, EMILIO e ÓSCAR, que onda AURELIO e JULIETA,
ensináronnos un xardín onde en vez de tomates, leitugas ou patacas, nacen flores
que teñen no centro unha letra.
De momento
traballamos o “I” e o “U” e xa suamos bastante, porque iso de non levantar o
lápis, polo momento, non vai moito con nós... que paciencia!
Asemade, e tras a
incertidume suscitada coa actividade do préstamo semanal, cada venres
convertémonos nuns fantásticos contacontos nos que intepretamos as imaxes,
ensinamos as páxinas ao resto do grupo-clase, pasamos de folla... e todo sen
perder o fío condutor do relato!
Ler ten que ser
un tempo de pracer, de diversión e disfrute, de aí que a utilización dos contos
como unha rutina da aula, sérvenos para crear un clima de diversión e festa que
resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe.
Son moitos os
contos que traemos ilusionados cada mañá, ás veces desesperamos porque non
chega a nosa quenda, pero paciencia, ao final todos se len... moitas veces como
premio ao noso tempo de adicación e esforzo na realización do traballo cotiá. O
ritmo de traballo e afán de superación nos traballos deste 2º trimestre é... de
súper-maiores!... noraboa!... sen
palabras!...
E para rematar, estes
días repasaremos todos os grafemas do alfabeto, no que traballaremos trazo,
identificación e escrita significativa en galego, introducindo a outra lingua
oficial de Galicia. Siii, son actividades
impresas doadas dabondo, pero o trazo non serve de calquera maneira, amodo, sen
présa e con letra mediana... canto traballamos!
Este repaso
viranos xenial, pois a pesar de todo o traballo realizado dende comezo de curso,
seguimos cometendo erros con grafemas que deberan estar máis que
consolidados... a ver que inventamos para superar estas inseguridades!...
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades que...
o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Hoy y siempre....agradecidos con todo tu trabajo!
Nancy
Non podemos estar máis contentos polo significativo cambio, interes, inquietude e curiosidade que o noso peque denota día a día, sentase no chan con un libro e "lee" inventa as historias que o libro lle dibuxa e é feliz ca sua imaxinación desbordante.....non podemos estar máis agradecidos, e como digo sempre gracias por estar o noso lado axudandonos na sua educación. Mil gracias
Publicar un comentario