Despois das vacacións, esta semana voltamos
ao cole e aínda que custará coller o ritmo, quen máis e quen menos desexaba voltar
ver a todos os nosos compañeiros e compañeiras.
Así
pois, o luns, como unha mañá máis, comezamos coas rutinas de entrada e coa asemblea
matinal. Unha asemblea matinal na que se introduciron novidades que axiña vos
contaremos... canta estrea!...
Evidentemente,
despois de tanto tempo sen vernos, tiñamos mil millóns de cousas que contar, sendo
o máis importante deixar claro-clarísimo todo o que nos deixaron Papá Noel e os
Reis Magos... unha locura!
Non
fomos bos, nooon, fomos, re-que-te-bos!, e viñeron cargadiños de agasallos olé, olé, olá...
Xa logo,
despois da asemblea que como é obvio alongouse máis do habitual, o profe
contounos que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente nos deixaran un e-mail.
Pero...,
un e-mail?, que é un e-mail?...
Pois
un e-mail, é unha carta, pero no
canto de escribila en papel escríbese no ordenador e, no canto de enviarse nun
sobre e cun selo precisamos ter conexión a Internet... que modernos estes Reis
Magos!
No e-mail, as Súas Maxestades explicábannos
cousas tales como que nos temos que portar fantástico tanto na
casa coma no colexio, déronnos as grazas por todas as galletas, trociños de
turrón e vasiños de leite que lles deixamos na Noite de Reis... etc
Cos
ollos abertos coma platos e a boca pechada, non perdemos detalle do e-mail
proxectado no Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.), unha situación
contextualizada que nos serviu como alicerce para recoñecer algúns grafemas de
sobra coñecidos por todos e todas... fantástico!
Esta situación,
foi algo que, por si non sabiades, vivimos a mañá do luns 19 de decembro logo
de que aparecese preto á ventá da máquina rexistradora un agasallo en forma de
carta.
Estabamos
confusos e impacientes por saber quen enviaba aquel sobre no que se lía: “PARA 4 AÑOS”… nin idea!
Rapidamente,
as hipótesis non tardaron en aparecer, pero foron en balde... seguiamos
desconcertados! Ata que limos o que poñía naquel texto presidido pola imaxe das
Súas Maxestades. Pero... os Reis Magos estiveran no cole?... Bueno, máis que os
Reis Magos os seus axudantes os paxes reais, coidamos que as Súas Maxestades
terían traballo dabondo eses días xestionando a morea de traballo na súa “Fábrica
Real de Xoguetes”...
Ansiosos
preparamos as cartas cuns debuxos ilusionantes no que cadaquén plasmou aquilo
que non debía faltar na súa árbore de Nadal na Noite de Reis... cantos
xoguetes!
Xa o
mércores 21 de decembro, despedimos o trimestre da mellor das maneiras
posibles. Os Reis Magos -ou quizáis os seus axudantes, coidamos que non eran os
auténticos- acudiron ao colexio para recoller as nosas cartas e agasallarnos
cun detalle... cantos nos tardaron! deberon perderse por Lugo coa néboa!...
Ao
final todos e todas logramos superar os nosos medos e entregar en man as nosas
cartas de Nadal... fenómeno!
Asemade, e aproveitando todo este
cúmulo de experiencias suscitadas co gallo do Nadal, xa na volta de vacacións,
levamos o noso xoguete preferido: coches teledirixidos, xogos de mesa, cans
adestrados e, como non podía ser doutro xeito, Patrulla Canina, moita, pero que
moita Patrulla Canina xa case dende principio de semana coa sorpresa de LOIS…
A
experiencia resultou interesante porque soubemos compartir coma auténticos
súper-maiores de 4 anos, ensinando previamente o dono do xogo e/ou xoguete como
se artellaba aquel xoguete... e como recompensa... tempo dobre de rincóns!...
Así pois, e tendo en conta que hoxe
non había lugar a “ficha”, debuxamos libremente algún dos agasallos que nos
trouxeran. Pero que casualidade, que a máis dun “non lle acordaba”, xusto nese
momento, que agasallos tivera este Nadal… únicos!
Nooon, non todo acaba aquí, pois para que
vexades que xa metimos segunda e que traemos as pilas cargadísimas, esta semana
retomamos a actividade de MUNELA que viaxou á casa de DIEGO, organizamos os
libros de traballo, comezamos unhas interesantísimas asembleas... e moitas cousas
máis que axiña vos iremos contando no noso blogue…
Este 2º trimestre promete!... E para que
nunca deixedes de SOÑAR e non esquezades nunca que os Reis Magos existen!...
existen no corazón das persoas que cren neles!… Familias!... velaí deixamos o
voso agasallo de Nadal!...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
sin d´bida estan para comelos...gran traballo.ESpectacular noraboa
GRACIAS por este maravilloso regalo y por todo el trabajo que estás haciendo con los peques. Ojalá que, como dice la canción, tengan muchos SUEÑOS y vayan ligados a la actitud, aptitud y convicción necesaria para conseguir cada uno de ellos.
Gracias encantounos o agasallo de Nadal !!Un aplauso por todo ese esforzo e compromiso que seguro que é o que fai que tódolos días do ano crezcamos aprendendo en tódolos aspectos da vida
Publicar un comentario