Esta
semana por fin descubrimos a sorpresa de Nadal, incorporando unha nova rutina á
asemblea matinal: a rutina do “Calendario de Adviento”.
Tras
todas as pistas destes días, HÉCTOR, descubriu que a sorpresa de Nadal
agochaba, nada máis e nada menos que... un “Calendario de Adviento”!
Así
pois, cada mañá, o súper-encargado/a
-con gorro de Papá Noel incorporado-, logo de marcar no calendario do panel das
rutinas a data diaria, amodiño abre a ventá do día no que nos atopamos para comprobar
que debuxo se agocha na chocolatina... mmm,
delicious!...
Asemade,
e para contaxiarnos se cabe aínda máis deste espírito de Nadal que impregna todos
os recunchos da nosa cidade, haberá outro gorro de Papá Noel para aquel
axudante que colaborará no desenvolvemento normal desta nova actividade cotiá
que tanta expectación levantou durante estes días.
O xoves PAULA foi a súper-encargada en estrear esta rutina... que emoción tamén para JAVIER!
E hoxe venres, foi a quenda de ANTÍA e a súa axudanta LAURA...
A introdución
desta rutina, proporciona un cúmulo de experiencias, pois ademais de realizar
actividades relacionadas coa lóxica-matemática tales como contar, iniciación á
suma e á resta, identificación e trazado de números… propicia multitude de
conversas sobre estas datas. Evidentemente a carta a Papá Noel e ás SS.MM. os
Reis Magos de Oriente son do máis recorrentes...
No “Calendario
de Adviento”, aparece unha ilustración de Papá Noel decorando unha inmensa
árbore de Nadal. Como non podía ser doutro xeito, Papá Noel ten como axudantes
aos seus compañeiros fieis: os elfos e renos.
Sabiades
como se chama o reno que sempre sempre vai de primeiro?...
Chámase
Rodolfo. Rodolfo é un reno diferente, especial, é o único reno que ten o nariz
de cor vermella e sempre vai diante dos outros renos para que Papá Noel non se
perda polo ceo e os agasallos lles cheguen a todos os nenos e nenas que lle escribiron
a súa carta.
O espazo de MUNELA quedou fantástico... e o detalle do christmas... xenial!
Outro
pequeno-gran acontecemento foi a sorpresa que tiña preparada PABLO para ese
mesmo día da que unicamente nos adiantou que tiña forma de “lamparita” e coa
que celebraríamos a chegada do Nadal... nada menos!...
Desta
vez tivémolo complicado para adiviñar en que consistía, tratábase dun
delicioso, esponxoso e orixinal biscoito de Nadal... un panettone do que non
deixamos nin as migallas!...
Sen
lugar a dúbidas, a incorporación destas actividades supón o comezo dunhas
semanas cargadas de sorpresas e de ilusións compartidas: rematamos o noso primeiro
trimestre de 4 anos -momento no que levaremos os traballos de MUNELA para
ensinar ás nosas familias-, celebraremos os derradeiros aniversarios do
trimestre -CARLOTA, LAURA e ANTÓN..., xa vos queda menos!-, a chegada de Papá
Noel e das SS.MM. os Reis Magos de Oriente,... e un senfín de cousas máis coas
que xa comezamos a SOÑAR neste Nadal que entre todos intentaremos que sexa
diferente... apuntádesvos?...
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario