O prometido é
débeda!... e tras a conta atrás no calendario das rutinas como todo un gran
acontecemento, esta semana incorporamos unha nova rutina á nosa parrilla de
clase... a visita semanal da mascota!
“Los increíbles MUN” son uns monstros
pequenos, peludos, con moitos dentes e de moitas cores. Todos son diferentes,
pero xuntos forman unha gran familia: MUNA, MUNELA e MUNÍBAL.
Como xa vos
anunciaramos, a mascota de 4 anos chámase MUNELA. MUNELA é alegre, divertida e
moi curiosa, sempre atenta para descubrir os segredos e misterios que se
ocultan ao seu redor.
Na historia
motivadora da primeira unidade didáctica: “La
cama nueva de Munela”, coñecemos elementos tan disparatados como que para
pensar en cousas serias, MUNELA cólgase cabeza abaixo dunhas barras, ou mesmo
que non lle gusta a auga e que cando lle toca ducha, PABLO e BERTA perséguena
coa mangueira ata que non se enxabona por todos lados... que locura!
Durante o curso,
MUNELA atoparase situada nun lugar privilexiado da aula e converterase nun
excepcional eixo motivador que nos presentará, a través das súas historias,
cada centro de interese: a casa e a familia, a alimentación, a rúa e as tendas,
os animais e plantas, os medios de transporte e profesións, as paisaxes e a
auga... canto traballo!
Do mesmo xeito,
MUNELA, converterase nun nexo de unión coas nosas familias grazas á
posibilidade da visita deste monstro ás nosas casas e vivir o noso día a día...
que emocionante!
Durante estas
semanas, MUNELA unicamente baixa da súa casa para presidir, xunto ao
súper-encargado, as asembleas matinais: en primeira fila, atenta a todo e co
seu ollo aberto sen perder detalle.
Ademais, esta semana MUNELA tivo un papel si cabe máis protagonista que nunca, pois converteuse na compañeira indispensable coa que compartimos diferentes momentos da xornada: o momento do conto, do xogo libre e/ou dirixido nos rincóns, o momento do tempo de lecer...
Agora xa, nos vindeiros días, compartiremos con MUNELA diferentes momentos da nosa vida cotiá: no parque, no supermercado, na casa coas nosas familias... Siii, tamén poderemos levar a MUNELA ao Burguer King e ao MacDonald´s... Agora ben, unha visita case case obrigada será á Muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade... será un recordo incrible!
No superlibro, recreamos
diferentes elementos que servirán de fío condutor das obras de arte que de
seguro chegarán cada semana.
Para iso lembrade familias!!... a visita será semanal (de xoves a xoves) e deberemos de contar o realizado con MUNELA durante a semana que estivo de visita nas nosas cosas. Non se trata de que fagades vos o traballo, nooon, senón de guiarnos no desenvolvemento da tarefa, do mesmo xeito que na escola, no superlibro de MUNELA... non todo vale!
Gomets, témpera, rotuladores, ceras, purpurina... imaxinación ao poder!... ánimo!... quedará un periplo por LUGO do máis creativo!...
Este xoves, máis expectantes que nunca, comezamos dende a asemblea matinal, -incluso na posta e abotoado do mandilón-, formulando hipóteses sobre quen sería o afortunado en levar a MUNELA. Este enigma presente ao longo de toda a xornada, resolveríase na última sesión.
Así pois, sen
decatarse, ANTÓN, pola súa condición de súper-encargado, converteuse no
primeiro anfitrión de MUNELA... non o podía crer!
ANTÓN, logo duns
días convalecente, incorporouse á escola o día idóneo, por riba de converterse
no súper-encargado seguindo o listado alfabético do panel das rutinas, sería o
primeiro en disfrutar de MUNELA.
Xa o venres, ANTÓN
contounos na asemblea que esta fin de semana, MUNELA coñecerá outro bonito
lugar da nosa provincia, ANTÓN levará a MUNELA onda a súa avoa de Galdo en
Viveiro... que afortunada MUNELA!
E para non botar
a MUNELA de menos, que mellor que recreala de diferentes formas, tamaños e
cores para decorar o corcho... cada unha no seu estilo... xeniais!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Antón ese dia foi o neno máis ledo de todo Lugo.Chegou a casa decíndolle a seu pai que tíñamos que coidar de Munela que lle habia que facer un sitio na cama jajajjaja....Esta sendo un experiencia moi boa..O peor foi que non puidemos ensinarlle a Munela o bonito que e Galdo,xa que houbo temporal e decidimos non votarnos á carretera.De todas maneiras fixemos outras cousas na casa que xa vereis no libro.
......que ganas de que Munela venga a casa de Javier!!!
Que caritas de felicidad!!!!
GRACIAS!!!!!
Publicar un comentario