Olaaa, estou moooi feliz porque hoxe, a dúas semanas
de rematar o cole, por fin me deixaron facerme cargo da entrada semanal do noso
blogue…
Nesta ocasión, non serán os nenos e nenas de 4 ANOS B os que vos conten
como foi a semana na clase, non, desta vez, por tratarse dunha entrada especial,
deixáronme que fose eu o encargado de despedirme do blogue, das familias e dos
nenos e nenas cos que vivín un curso repleto de momentos intensos e do máis
divertidos.
Como… aínda non sabedes quen
son?... Son eu, MOLI, que marcho para a clase doutros nenos e nenas de 4 ANOS,
xa que as “SONRISAS Y MANDILONES” do profe, convertiranse
nos súper-maiores de mandilón e cambian
de mascota, nada máis e nada menos que unha das primeiras compañeiras de mandilón
do profe: ARIS, coa que vos seguiredes adentrando na Dimensión Nubaris…que
emocionante!
Foron moitos os momentos vividos ao longo do curso: xogamos, lemos,
traballamos, debuxamos... e sobre todo aprendemos!,... canto aprendemos!
Xuntos aprendemos a sumar e a ler a partir de palabras e textos
significativos,
xuntos tamén aprendemos a identificar algúns dos cambios que se producen
no contorno e na vida das persoas coa chegada de cada estación,
xuntos aprendemos a ilusionarnos coa maxia do Nadal e coa visita das
SS.MM. os Reis Magos de Oriente,
xuntos aprendemos a recoñecer os elementos representativos do antroido
convertíndonos en encantadores príncipes e marabillosas princesas… cantos
recordos!
Asemade, en cada unidade didáctica viaxamos ata as illas afastadas de NOVA
CELANDIA, paseamos polas terras xeadas do POLO NORTE, estivemos en cegadoras
cidades como CHINA, descubrimos impresionantes selvas amazónicas, navegamos en
pato polo río Támese e coñecemos o tesouro do deserto do SÁHARA: a auga... case
nada!
Agora ben, sen lugar a dúbidas, se me teño que quedar co que máis me gustou
da miña estancia no cole, foi converterme semanalmente na convidada especial de
cada familia: centros comerciais, festas de aniversarios, exposicións
temáticas... cantos sitios coñecín!
Que gozada!... Semanalmente o anfitrión explicaba ás mil marabilllas na
asemblea matinal todos os lugares visitados e todas as actividades que fixera
durante esa semana de estancia na súa casa ou piso.
Por todo isto, gustaríame dar as grazas ás familias de 4 ANOS B pola vosa
implicación na actividade “Moli vén á
casa” proposta no 1º trimestre, xa que non sempre é doado conciliar a vida
laboral cos traballos que se propoñen dende a nosa aula e dende o centro, -que
non son poucos-.
Coa vosa guía e supervisión quedou unha compilación de traballos e
fotografías fantástica que unha vez integrada no rincón de biblioteca, ollamos
unha e outra vez sen aburrirnos o máis mínimo... sabémolo xa de memoria!
Ben é certo que estes días estou un pouco triste porque remata o cole e
teño que marchar con outros nenos e nenas de 4 anos, pero son moitas as
sorpresas que nos agardan durante as vindeiras semanas... contáxiate de
diversión e ledicia!
Bicos de galleta con sabor a arco da vella.
MOLI :)
1 comentarios:
Ensinando,reindo,xogando
O tempo foi pasando
E xa nos estás deixando
Solos,tristes,pensando
Cando nos veremos,cando.
Gracias por todo
Publicar un comentario