O certo é que este feito non
nos pillou de sorpresa, en tanto que no momento de agardar a entrada, de sobra
vimos o despregue de motos, coches, furgonetas… e ata un camión cunha hélice
coma a dos helicópteros… alucinante!
Así pois, e tras desenvolver o ritual da asamblea como vén sendo decote
no inicio da nosa xornada, puxemos o abrigo e diríximonos ás diferentes
estacións dispostas nas instalacións do centro para aprender algunha
curiosidade sobre a Garda Civil.
Sabiades que a Garda Civil en ocasións conta coa axuda dun can que pescuda a través do seu olfacto?... Alí mesmo estaba!... Vímolo un chisco nervioso, lóxico se temos en conta a morea de nenos e nenas que estaban ao seu redor… meu pobre!
Como non podía ser doutro
xeito, unha vez máis subimos ás motos, fixemos soar o claxon, falamos pola
megafonía… un clásico no noso centro!
Agora ben, indubidablemente o que supuxo gran expectación foi o camión que na súa parte superior contaba cunha hélice. Trátase dun camión que serve para vixiar a distancias incalculables percibindo con exhaustividade o detalle máis insignificante… así non se escapa nada!
Asemade, xa no hall principal do centro, fixémonos socios da Garda Civil. Para isto, estampamos a nosa huella dactilar de cor negra con sumo coidado sen saírnos do recadro establecido para o efecto. Para iso, contabamos cun membro da Garda Civil que tiña… uns guantes de científico!
Grazas a esta visita, observamos, identificamos e valoramos oficios e profesións próximas ao noso contorno inmediato. Ao tempo, con este tipo de actividades, inicíamonos no desenvolvemento de valores tales como o respecto, a xustiza, a solidariedade, a tolerancia… tan necesarios na sociedade actual na que vivimos.
Canto aprendemos!... E para deixar constancia desta visita realizamos cadanseu debuxo da experiencia no que cada un expresou aquilo que máis lle gustou.
E mentres tanto, case con máis dunha semana de adianto, xuntos comezamos a ilusionarnos co ambiente típico do Nadal. Para isto,… que mellor maneira que mirar e remirar unha e outra os catálogos de xoguetes dispostos no rincón de biblioteca?...
Este será un Nadal que traerá a nenos, e non tan nenos, máis dunha sorpresa a partir das actividades que comezaremos a desenvolver a partir da vindeira semana na que o Nadal entrará de cheo na nosa aula.
Un saúdo e non esquezades
que… o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario