A partir desta mesma semana teremos nas nosas casas un convidado, pero
non se trata dun convidado calquera,… nooon!,
trátase dun convidado especial, nada máis e nada menos que MOLI recén aterrado
de Nubaris!
Como xa vos contaramos, MOLI é un nubari moi viaxeiro que consegue chegar ata os sitios máis fascinantes da Terra. E ao regresar de cada lugar leva a súa mochila chea de apaixonantes aventuras e de novos amigos, que quere compartir con todos nós. Acompañádesnos?...
En cada unidade didáctica, MOLI convértese nun excepcional alicerce co que descubrimos, identificamos e valoramos elementos representativos sobre a escola, o outono, a familia e, moi pronto, sobre o Nadal... estupendo!
A actividade da rutina semanal de MOLI, consiste en contar no libro da mascota algunhas das actividades desenvoltas ao longo da semana na que MOLI estivo de visita nas nosas casas. Logo, nas asembleas matinais, o anfitrión semanal explicará ao resto todo o vivido durante a semana.
A visita será semanal (de xoves a xoves), e o texto irá acompañado de
fotografías nas que aparezan MOLI en compañía dos nosos desenvolvendo algunhas
das actividades da nosa vida cotiá: xogando, durmindo, no coche, no parque, no
supermercado... será unha semana fantástica!
Asemade, estas fotografías irán acompañadas de pequenos textos escritos que
nos permitan iniciarnos na lecto-escritura dun xeito real e contextualidado. Como
non podía ser doutro xeito, resultará importantísimo que sexamos nós os
encargados de escribir o texto da folla, para o que poderemos empregar lápises
ou rotuladores, nunca ceras en tanto que o trazo resulta menos preciso.. Ah!...
e lembrade!... non todo vale!...
Para que esta nova rutina semanal sexa se cabe aínda máis froitífera, as
fotografías e os textos acompañaranse dunha creación artística de temática
libre na que se poderán empregar diferentes materiais (ceras plásticas, rotuladores, plastilina, purpurina...) e técnicas
(collage, mosaico, estampado...
imaxinación ao poder!
De tal xeito, a final de curso grazas ao traballo e colaboración de todos e
todas teremos un fermoso libro onde aparecerán compiladas aquelas experiencias
que contan cunha especial significatividade na aula: magosto, Nadal, entroido,
primavera...
E para comezar,… MOLI viaxou onda NICOLÁS e a súa familia. Seguro que MOLI disfrutará dun
delicioso chocolate con nata… mmm!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
1 comentarios:
O contacontos deste venres será:
- NAIRA: Colección CAILLOU, "Caillou envía una carta". (Edit. Everest)
Publicar un comentario