Tras unha andadura chea de vivencias, experiencias, descubrimentos e
aprendizaxes, chega o final do curso co inicio do verán... é tempo de VERÁN!
O verán é un período vacacional, e resulta importante disfrutar del como
tal; nembargantes, as familias debedes ter en conta que calquera xogo ou actividade cotiá pode adquirir certo
trasfondo pedagóxico.
Por iso, ademais de xogar, ir á praia, ao parque, de viaxe visitar novos
lugares... é importante, sempre que sexa posible e se estime oportuno, realizar
tarefas que sirvan de medio para consolidar algunhas das capacidades adquiridas
ao longo do curso. Non se trata de facer fichas como as da escola, senón de non perder o hábito e a actitude de
traballo.
Dende un enfoque lúdico, ameno e divertido, poderemos desenvolver distintas
actividades, non como unha obriga, senón como
unha rutina que levamos a cabo día a día durante as nosas tan merecidas vacacións.
Respeto á lecto-escritura, sinalar
que un lector non nace, faise, para iso, as familias debedes transmitirnos o valor da lectura como
unha fonte de aproximación a novos coñecementos e como unha porta aberta ao
mundo da fantasía.
Destacar o importante que resulta que non nos iniciedes no proceso lector,
xa que moitas veces, inconscientemente, xerádesnos frustracións e angustias innecesarias cara unha aprendizaxe custosa
á que lle prestaremos especial atención o vindeiro curso, paciencia...
Resulta esencial que nos sintamos motivados
de cara a proposta de actividades, pois só deste modo, gañaremos confianza nas nosas
posibilidades, seguridade... actitudes que nos levarán a incrementar
progresivamente o noso afán de
superación e así facer sempre as tarefas propostas do mellor xeito posible.
Entre outras das posibles
actividades que podemos levar a cabo durante estas vacacións, primando
sempre o periodo vacacional e de descanso característico destes meses,
estarían:
· identificación e trazado de grafemas. Non nos poñades letras para copiar,... iso está chupao! agora xa somos maiores e
deberiamos saber trazar as letras seguindo o ditado de grafemas... facemos a
proba?
· recoñecemento e, moi especialmente trazado dos números do 0 ao 3, a algún de nós todavía se
nos resiste a identificación e grafía dos números traballados sistematicamente
durante o curso... coa vosa axuda o lograremos, estamos convencidos!,
· seguir traballando as cores, os trazos e as formas planas (círculo, cadrado,
triángulo), aprendendo a identificalas en elementos do contorno,
· tampouco deberemos esquecernos da expresión plástica, así que deixade que nos expresemos
artisticamente e de xeito libre,... sen modelos!. Non esquezades que é máis
importante o proceso que o produto, xa que este dependerá do noso grao
madurativo e da nosa particular visión do mundo. Agora ben, lembrade que... non
todo vale!,
Todo isto sen esquecer de disfrutar
ao máximo as tan merecidas vacacións que acabamos de comezar, aproveitando estes
meses para recargar as pilas para todos os retos e actividades que nos agardan
a partir de setembro...
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B,
DESÉXANVOS UNHAS MOI FELICES
VACACIÓNS DE VERÁN!!
0 comentarios:
Publicar un comentario