Unha semana cargada de novidades, grazas ao feito de
que as quendas establecidas para o período de adaptación diversificáronse e no
canto de grupos de 5 nenos e nenas, o grupo-clase constituise en dous únicos grupos
de 10 nenos e nenas cada un... que ledicia levamos ao coincidir con vellos
amiguiños!...
Agora xa, comeza a conta atrás para incorporarnos ao
cole en horario normal, unha situación que propiciará iniciarnos de xeito
sistemático nas rutinas da aula.
Aínda queda un longo camiño, queda seguir acostumándose
paseniñamente aos hábitos, rutinas e ritmos cotiás que vertebrarán o
desenvolvemento da nosa parrilla de clase cada xornada; para iso, estes días
participaremos en actividades grupais que servirán para descubrir e coñecer
algúns espazos e materiais da aula, identificaremos progresivamente espazos
individuais coma o casilleiro individual, o percheiro, o lugar para comer...,
estableceremos ritmos e rutinas que nos ofrezan un marco estable e seguro...
Siii...,
xa formamos parte dunha nova vida, onde imos soñar, xogar, cantar e fantasear...
velaquí vos deixamos unhas imaxes destes primeiros días no cole dos maiores...
Familias, estade tranquilas, confiade e paciencia, moooita paciencia, isto é novo para nós,
pero coa vosa axuda será tooodo máis doado...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Tranquilidade é o que transmiten estas fotos sobre todo a aqueles pais/nais e familiares que vemos como o noso pequerrech@ entra no cole desconsolado.
Que ben o pasan!!!! ^_^
Que momentos de los primeros días más bonitos, ver como algunos peques entran llorando o les cuesta un piquito más que a otros, y luego ver estos momentos, las familias quedamos más tranquilas, viendo como nuestros peques empiezan a jugar, descubrir, soñar, conocer nuevos compis ....en su nueva aula. Ánimo a tod@s estoy segura que lo pasareis muy muy bien y estos primeros días de lloros quedaran olvidados con los momentos tan bonitos que vais a pasar!!!!!
Que bonitas fotos!!!!! Me encantar ver como mis principitos se lo pasan bien dentro del aula, la verdad es que si me dan mucha tranquilidad....
Publicar un comentario