Siii, xa estamos aquí!!!... Como, que non sabedes quen
somos?... Somos nós, as novas “SONRISAS
Y MANDILONES”, que ao longo deste curso vos contaremos a través do noso
blogue un senfín de experiencias coas que coñeceremos máis e comprenderemos
mellor o noso pequeno-gran mundo. Agardamos que vos gusten…
Este curso será moi importante, trátase nada máis e
nada menos que do noso primeiro curso no cole dos maiores: uff, que nervios!
Estamos a piques de comezar unha nova etapa nas nosas vidas nas que van intervir persoas que resultan descoñecidas para nós; por iso, é importante que colaboredes cos mestres e mestras en todo este proceso contándolle cousas sobre nós porque non nos coñecen, transmitíndonos tranquilidade á hora de entrar e ledicia á hora de saír.
Estamos a piques de comezar unha nova etapa nas nosas vidas nas que van intervir persoas que resultan descoñecidas para nós; por iso, é importante que colaboredes cos mestres e mestras en todo este proceso contándolle cousas sobre nós porque non nos coñecen, transmitíndonos tranquilidade á hora de entrar e ledicia á hora de saír.
Como todo isto é novo para nós, é importante que un de
vós nos acompañe durante estes primeiros días, pero debedes de estar tranquilos
porque se vos vemos nerviosos non o imos pasar ben, e contáronnos que o cole
dos maiores é súper-divertido e
que nel aprenderemos un montón de cousas novas.
É necesario que nos mandedes ao cole con roupa cómoda e cun calzado que non teña cordóns porque
aínda non sabemos atalos e deste xeito non precisaremos de ninguén para
calzarnos.
Para estar no cole dos maiores, ademais precisaremos
un mandilón aberto por
diante de listas azuis e brancas cos botóns de cores e co noso nome escrito en
letra maiúscula; tende en conta que imos traballar moito.
Como imos pasar moito tempo no cole, tamén nos
deberedes mandar un pequeno
almorzo;... pero ollo!,
non nos mandedes moita cantidade porque aínda non comemos tanto, e procurade
cumprir o menú establecido
para que a miña dieta alimenticia sexa saudable e variada... mmm!
Ás veces non imos querer ir ó cole, sobre todo se non
durmimos o suficiente, por iso é recomendable que nos deitedes cedo e que durmamos entre 10-12 horas; se aínda
así non queremos ir, preocupádevos de que non teñamos febre, dor de oídos… e se
estamos sans, lembrádenos o ben que o pasamos e a cantidade de sorpresas que
viviremos ao longo de cada xornada.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario