O curso pasado, cando estabamos en 3 anos, comezamos descubrindo as vogais, unhas vogais que vivenciamos e representamos mil millóns de veces empregando diferentes estratexias e materiais: a través do modelado de plastilina, convertímonos en equilibristas de circo camiñando por enriba delas seguindo sempre a súa direccionalidade correcta e ata memorizamos e mimamos a canción de La marcha de las letras de Miliki.
Simultaneamente ao descubrimento e progresiva identificación das vogais, redescubrimos tamén os números e as cores, así como tamén as formas planas básicas, partindo dun enfoque globalizador no que xogo e traballo se combinan creando un clima de diversión que tan grato e estimulador resulta para a nosa aprendizaxe.
Este curso, xa non somos os máis pequerrechos e pequerrechas do cole, e aínda que non deberiamos ter problemas para identificar e trazar correctamente as vogais, algún que outro segue amosando dúbidas e dificultades, por iso, despois do momento adicado ao patio -momento no que empregamos a lectura como actividade de volta á calma, como actividade de relaxación-, decidimos representar cada vogal a través do noso corpo.
Mediante a canción de La marcha de las letras de Miliki primeiro…
E combinando posturas no chan, despois… velaí tedes os resultados! Uns resultados que agardamos, agora si que si, se traduzan en aprendizaxes.
"A" de "AVIÓN" |
"E" de "ELEFANTE" |
"I" de "IGREXA" |
"O" de "OSO" |
"U" de "UVAS" |
Unha vez identificadas as vogais, tamén o curso pasado memorizamos o abecedario.
Deste xeito, nas asembleas matinais, descubrimos o trazo de cada grafema, asociando máis tarde palabras: “B” de “BUZÓN”, “C” de “CARLA S./V.”, “D” de “DIEGO”… e así sucesivamente.
Ademais, e para que estas asociacións nos resultasen significativas, partimos de palabras do noso día a día, e que mellor palabras que os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras de clase, para o cal, si lembrades, elaboraramos o “Libro dos Nomes”, un libro que se atopa no rincón da biblioteca e co que cada día xogamos aprendendo e aprendemos xogando.
Bueno, pois tras estes pequenos-grandes pasos levados a cabo o curso pasado, agora toca xuntar as consoantes con cada vogal para ver que sons emiten.
Comezamos co “M”, logo co “P” e “L”, e agora estamos co “S”, sen esquecer, por suposto, os sons silábicos das outras consoantes traballadas.
Como rutina, cada día o súper-encargado/a, escribe as sílabas que se van indicando en cada caso, ao xeitiño, a modo, e cada sílaba nun recadro…
Asemade, o súper-encargado/a, le as palabras que cada día o profe escribe no encerado partindo sempre dos sons traballados ata o momento tales como: “MAMÁ”, “PIPA”, “LOLA”, “OSO”, “LUME”, “MESA”, “PALO”, “LISO”, “MISA”…
Neste momento da xornada, o máis importante é que o súper-encargado/a non quede calado, que pense sen présa e lea en voz alta… e se equivoca?... pois non pasa nada!
Todo isto vese complementado con cada actividade impresa á que lle escribimos un título, así como tamén co rincón do encerado, no que no momento do xogo libre escribimos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras e outras palabras que xa temos automatizadas, e despois… a debuxar!
Por si todo isto fose pouco, esta mesma semana, e logo de que tamén o súper-encargado/a realice no momento da asemblea sumas sinxelas que dan como resultado máximo o número 4, fixemos as nosas primeiras sumas en papel, unhas sumas que nos resultaron complicadísimas… non son as mesmas que no encerado?... Nada que non se subsanara días despois cun entusiasmo e entrega total cara as sumas que aparecían nas fichas… moooi ben!
Así que xa o sabedes, cando nos vexades aburridos e aburridas, e dispoñades dun pouquiño de tempo, non dubidedes en poñervos a ler con nós, a escribir palabras sinxelas e significativas, a facer sumas e series doadas... estas cousas de maiores son súper-rechiflantes!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
8 comentarios:
Este Viernes hará de cuentacuentos:
- ANDREA: "O monstro de Ricardo". (Edit. Kalandraka)
QUE FENOMENOS SON, PARECE MENTIRA, PERO APLICANSE A CONCIENCIA. UN SAUDO!!
A MESTRES COMA TI HABIA QUE NEGARLLE O DEREITO DE IMAXE DOS NENOS E NENAS.A VER DE QUE ENCHIAS O BLOGUE
Unha das maiores críticas de "Sonrisas y Mandilones", é a cantidade de texto-información que se aporta en cada unha das entradas semanais; entradas nas que sempre se prima o texto-información sobre as imaxes-fotografías.
Asemade, sinalar que alomenos "Sonrisas y Mandilones", non se "enche de...", ogallá fose tan sinxelo xestionar un blogue.
J.Ricardo.
BOS DIAS JOSE RICARDO, NON SABES O QUE NOS TARDA O LUNS... ESTAMOS ANSIOSOS DE REVISAR O BLOG E PODER VER O TEXTO, POR SUPOSTO CAS IMAXES DOS NOSOS ARTISTAS!!!, (QUE CONSENTIMOS NO SEU DIA...), PARA ASI PODER ENCHER O PEITO Ó VER QUE NON PODEMOS ESTAR AS 24H CON ELES, PERO SI PODEMOS SORPRENDERNOS, DE TODO O QUE SON CAPACES DE FACER... SINTO UNHA TREMENDA SATISFACIÓN CANDO NO FINDE, NOS POÑEMOS OS TRES A VER O QUE SE TRABALLOU EN TODA A SEMANA, E O PEQUE SE EMOCIONA CONTANDO A TRAVES DAS IMAXES, AQUELAS ANECDOTAS QUE SE LLE ESCAPA COMENTAR, CAENOS A BABA(CON MALLUSCULAS)
NON ENTENDO DE QUE MANEIRA LLE PODE AFECTAR A ALGUN MESTRE ALGO COMA O BLOGE, QUE É BENEFICIOSO, SE BEN, PARA A MAIORIA DOS PAIS. DE QUE MANEIRA AFECTA O RESTO DE PROFESORADO, QUE TEÑAMOS A VENTAXA DE BENEFICIARNOS DAS NOVAS TECNOLOXIAS, E DESA MANEIRA ESTAR Ó TANTO DA EVOLUCON DOS NOSOS PEQUEN@S?. ENTENDERIAO SE A QUEIXA FOSE DUN PAI-NAI, PERO DUN DOCENTE... , NON, XA QUE CANDO SALEN COMENTARIOS DESTA PÁXINA, O RESTO DE PAPÁS/MAMÁS, DIN QUE ESTARIAN ENCANTADOS SE ELES TIVESEN ESTA FERRAMENTA.
UN SAUDO
encantanos o blog!!!!
Só digo unha cousa: que mala é a envidia... senon che gusta o blogue non o visites pero non critiques o que fan os outros
Ricardo penso unha cousa, se o blogue é para as familias dos nenos/as de catro anos B imos ter que censuralo e entrar so os que ti lle deras permiso. A que extremos chegamos....
Publicar un comentario