Esta semana de cole, a pesar
de ser curtiña, resultou intensa, moooi intensa no ca actividade se refire e non paramos de facer
mil millóns de cousas durante cada xornada.
O 17 de maio celébrase o “Día das Letras Galegas” e, cada ano,
adícaselle a un escritor galego. Nesta ocasión, o escritor homenaxeado é
Valentín Paz Andrade, un home nado en Lérez (Pontevedra) que ademais de
escritor foi avogado, xornalista, empresario, político… e amigo de A.D.R.
Castelao.
Para mergullarnos na vida deste home, o martes acudimos ao Auditorio de Rianxo e asistimos a unha
representación da vida deste escritor galego na que descubrimos algunhas
anécdotas curiosas da súa vida e obra.
Quedamos con pouquiños
datos, pero a verdade é que pasamos un rato ben divertido cun actor entregadíiisimo…
Ese mesmo día, celebramos a
nivel de centro o “Día das Letras Galegas”.
Así, hiper-excitados como cada vez que facemos algo distinto do habitual,
acudimos ao hall do pavillón norte, para desenvolver, xunto co resto de nenos e
nenas do cole, o acto organizado polo “Equipo de Dinamización da Lingua
Galega”.
Comezamos vendo un vídeo no
que os nenos e nenas maiores do cole nos explicaban algúns detalles
significativos da vida e obra de Valentín Paz Andrade.
Xa logo, realizouse como cada curso a entrega de premios do “V Concurso de Contos” que se organizaou no cole para conmemorar o “Día do Libro”.
Xa logo, realizouse como cada curso a entrega de premios do “V Concurso de Contos” que se organizaou no cole para conmemorar o “Día do Libro”.
Estabamos entusiasmados cando dous dos nosos compañeiros subiron ao
escenario que se improvisou nas escaleiras do hall e recolleron un agasallo que
non podía ser outra cousa que... un conto!, que xa na clase o profe nos leu. Tíñamolo
ben merecido, uf, e que traballamos moitíiisimo!
Como, que aínda non oistes falar do conto que presentamos no
concurso?...
Como ben sabedes, este curso o eixo temático sobre o que xiran as
actividades propostas polo “Equipo de Biblioteca”, é o mundo da arte, de tal
xeito que tomamos como centro de interese para o conto a obra dun pintor de
sobra coñecido por todos e todas... sabedes cal?
Pois claro que si!, tomamos a obra de Kandinsky: “Cuadrados con círculos concéntricos”, como o espazo no que se
desenvolve a nosa historia. Unha historia na que, moi pero que moi ilusionados
e entregados, traballamos como uns auténticos súper-maiores.
“UNHA FESTA SÚPER-RECHIFLANTE”
Simultaneamente e para que o acto non resultase denso, concertouse a
actuación do grupo de pandereteiras da ANPA do centro que nos deleitaron con
varias cancións, algunha delas archi-coñecida por todos e todas... como
cantabamos!
Sen lugar a dúbidas, “Unha festa
súper-rechiflante”, non si?...
Un saúdo e non esquezades que... o
noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
6 comentarios:
espectacular Ricardo!!!
ME RECHIFLA...
RICARDO, NON SABEMOS POR QUE SUBIRON XIANA E LOIS A RECOLLER O PREMIO.
Para a recollida do premio, en principio só podían subir dous nenos e, como todos querían saír, antes de acudir á entrega fixemos un "sorteo" improvisado na aula no que tiña que saír o nome dun neno e o nome dunha nena.
Que conto tan bonito !!!!!!!!!
que artistas son os nosos nenos/as e como non tamén o seu mestre que os guía!!!!!!!!!
Ben merecido o premio que leváchedes, un contiño para aprender moito máis.
Como nos gusta que cada venres (polo de agora só 2 pero esperemos que sexan máis) vindes do cole co contiño para a casa e toda a familia podemos desfrutar con el.
ah por certo, que pouquiño queda xa para que remate o curso, que rápido nos pasou e canto aprendemos todos (nenos/as, familias e mestres). Eso si o meu fillo xa precisa as vacacións, que alterado e canso está.
Penso que o de menos é quen subira a recollelo, senón que todos participaran por igual e que se lles facera participes do premio...
Publicar un comentario