Sen lugar a
dúbidas, a familia convírtese nun elemento importante nas nosas vidas, pois
constitúe o primeiro grupo social ao que pertencemos e nela establecemos a nosa
base afectiva e cultural e adquirimos os valores e normas vixentes no noso
contorno socializador próximo.
Hoxe en día,
existe unha diversidade de estruturas familiares, por iso, nas asambleas previas ao “Día Internacional da Familia”, fomentouse o respecto e valoración da propia familia; ademais, procuramos
achegarnos aos distintos tipos de
familias existentes.
Deste xeito,
quen máis e quen menos identificou cales son os membros da súa familia. Pois clarooo… nin máis nin menos que as
persoas que viven nas nosas casas. Nembargantes, un dos nosos compañeiros
comezou a engadir novos membros a estas unidades básicas tales como as madriñas
e padriños, os primos e primas, incluso algún, ata engadiu aos seus amigos e
amigas, pero non, por moito que os queiramos, os nosos amigos e amigas non son
das nosas familias.
Lembraredes
que o centro de interese da familia o traballaramos no primeiro trimestre a
partir do conto no que Papelote asistía como convidado ao aniversario de Chun.
A partir desta unidade didáctica, cada un de nós conversara moi timidamente
acerca dos membros da súa familia, para iso, axudabamonos dunha fotografía que
aportaran as nosas familias. Pero bueno, o tempo pasa para todos e, as tímidas
informacións acerca dos membros das nosas familias quedaron esquecidas e agora,
como nos rechifla miles falar, falar e falar… pois fixemos partícipe ao profe
das nosas árbores xenealóxicas particulares: falámoslle das nosas madriñas, dos
nosos primos pequenos -dos maiores ninguén dixo nada-, ata dos avos e avoas que
desapareceran porque eran velliños…
Logo,
fixemos a recreación particular das nosas familias a través duns debuxos que
cada vez resultan máis logrados e elaborados. O certo é que cada vez nos
esforzamos máis e, unha vez rematados, somos nós mesmos os encargados de
engadirlles pequenos detalles como soles, nubes, flores… e ata un dos nosos
compañeiros tivo a idea de debuxar corazóns… súper-xeniais!
Ademais de
todas estas actividades, confeccionamos un agasallo para as nosas familias no
que traballamos cun entusiasmo e entrega total.
No agasallo
tiñamos que colorear e picar un triángulo que máis tarde adoptaría a forma dun
sinal de tráfico, pero non se trataba dun sinal de tráfico calquera, senón da
nosa sinal que coidamos que mamá, papá, os avós, padriño, madriña… penduren no
seu coche para non esquecer nunca que os queremos… “hasta el infinito y más allá”.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
4 comentarios:
El próximo Viernes 1 de Junio harán de cuentacuentos:
- ROI: "O patiño feo". (Edit. Kalandraka)
- XIANA X.: "Corre corre, cabaciña". (Edit.OQO)
Seguro que lo hacéis fenomenal.
Moito ánimo aos contacontos, seguro que o fan xenial.
Que bonito o agasallo da familia !!!!!!!!!!!!!
quedou bonitiísimo no noso coche
seguro que si, non sera polo que nos aplicamos na casa para que lles saia perfecto!!
E que as madriñas, padriños e primos son imprescindibles na familia. (porque se elixen con consciencia...)
Un bico tremendo para toda a clase, son extraordinarios!!!
Publicar un comentario