Esta semana, investigamos e aprendemos cal é o proceso de crecemento dos
vermes de seda, a partir dunha actividade na que participamos xa o pasado
curso.
Lembrades os convidados especiais que tivemos cando tiñamos 3 anos?... Pois
si, durante aproximadamente unha semana tiveramos na nosa clase uns vermes de
seda... oooh!
Así, na zona da asemblea, o profe dispuxo unha caixa rectangular de madeira
na que se atopaban os ovos dos que días despois comezou a nacer algún que outro
vermiño pequerrechiño pequerrechiño...
Durante esa semana, logo da realización do traballo obrigatorio, acudiamos
ocasionalmente a visitar a estes convidados tan especiais descubrindo cal era o
seu principal alimento: as follas de moreira. Unhas follas de moreira de cor
verde escura e dun tamaño considerable que debían estar perfectamente secas
para que serviran de alimento aos vermes.
Pois ben, esta semana, máis concretamente o luns, acudimos á biblioteca
para ver en que se converteron aqueles vermiños que tiveramos en 3 anos, coñecendo
novos conceptos acerca do ciclo vital dos vermes.
Alí,
explicáronnos o proceso de elaboración da seda que se obtén
dos vermes: como nacen, de que se alimentan e o delicados que son.
A
seda foi descuberta en China hai uns 5000 anos e foron capaces de gardar
o segredo durante case 2000 anos, interesante, non si?...
Asemade, entre todos e todas descubrimos cales son as 4 fases principais do
ciclo vital dos vermes: ovo, verme, crisálida e bolboreta.
Achegámonos a cada unha destas fases a través dun conto no que se narraba o
proceso de desenvolvemento dun vermiño: como elaboraba a seda, que obxectos se
poden elaborar con este tecido, cales son as técnicas empregadas para o
traballo industrial da seda...
Tamén manipulamos fíos de seda tan delgadiños tan delgadiños que semellaban
os fíos das telas das arañas, eran... practicamente invisibles!
Comprobamos os tipos de tecido que se poden elaborar a partir deses fíos
tan finiños tan finiños que elaboran os vermes e a partir dos cales se poden
tecer prendas de roupa de uso cotiá tales como bufandas, luvas ou chaquetas,
entre outras.
Pero sen lugar a dúbidas, o que máis sensación causou foi ver de
primeirísima man os casulos; casulos de diferentes tamaños e cores, ata tivemos
a ocasión de ver como queda un casulo unha vez que sae del o verme convertido
en bolboreta... impresionante!
Xa para rematar, avalíamos todo o aprendido a partir dun
enlace web no que da man do verme Bertín, conseguimos o noso título de pequenos
científicos respondendo a unha serie de preguntas sobre todo o traballado
durante a secuencia de aprendizaxe e co que agora, poderemos disfrutar cantas
veces queiramos facendo click na imaxe que se achega a continuación.
Fai click na imaxe que se atopa na barra da esquerda |
Indubidablemente, o traballo experimental cos vermes de
seda, contribui a fomentar a construción de aprendizaxes significativas
aplicables a situacións e problemas que se nos presentan na nosa vida cotiá... estupenda
proposta de traballo!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- ANDREA: "Caracol e Caracola" (Edit. OQO)
Publicar un comentario