E tras a conta
atrás no calendario, hoxe venres rematamos o 2º trimestre organizando e
lembrando algúns dos materiais de MUNELA realizados durante este tempo... familias,
preparadas para a sesión de fichas?
Así pois, comezamos
con enerxía, restaba traballo dabondo e a primeirísima hora da mañá, na
asemblea, repasamos algunhas das actividades desenvoltas durante este
trimestre: repasamos, rodeamos e tachamos, debuxamos e coloreamos, escribimos,
recortamos, picamos e pegamos...
Neste senso,
axiña nos decatamos que parte das aprendizaxes e coñecementos estiveron
desenvoltos e canalizados grazas a MUNELA, BERTA e PABLO... canto aprendemos!
En primeiro
lugar, a partir do conto nº3: Munela, un
monstruo de lo más normal, mergullámonos no mundo da literatura, identificando
os valores que transmiten os contos e os usos e funcións da biblioteca escolar
e de aula.
Asemade, este centro
de interese facilitou o descubrimento, identificación, valoración e respecto das
emocións e sentimentos propios e alleos a partir dos nosos personaxes de
ficción favoritos: Carapuchiña Vermella, o lobo, a ratiña fachendosa... e como
non, Mickey & Minnie Mouse que, indubidablemente, suscitaron múltiples conversas
co gallo do antroido.
Por outra banda,
a partir do conto nº4: Una peli para
Munela, achegámonos ao mundo do cine, teatro e televisión, coñecendo algúns
dos seus elementos máis representativos: profesións, accesorios relacionados,
espazos para o lecer, normas de uso...
Neste caso, a
historia na que descubrimos que a MUNELA o que verdadeiramente lle gustan son
as pelis de piratas, permitiunos realizar diferentes inversións nas que nin os
malos son tan malos nin os bos tampouco. Que pasaría si Blancanieves fose a
traballar onda os enanitos?... E se o
Príncipe Azul non quixera casar con Blancanieves?... uf!, unha tolería de historias nas que a nosa imaxinación non concibía
tanto disparate... que lío!
ATENCIÓN, familias!!...
lembrade traer xa dende o martes 18 de abril a carpeta do 3º trimestre para
comezar canto antes a desvelar as intrigas de MUNELA, BERTA e PABLO... non hai
tempo que perder!
Hoxe venres, polo
tanto, tratábase dun día especial, dun día diferente. Por iso, aos poucos,
distribuíronse os libros enriba das carpetas, ao tempo que aproveitabamos para
ollar as fichas de cada caderno de actividades... que contentos e ilusionados
estabamos!
E xa que
se trataba dun día especial, que mellor que compartir unha merenda tamén
especial, alomenos diferente, pois unha ilusionada STELLA trouxo para compartir
co resto da clase uns deliciosos ovos de Pascua en forma de preparado de
delicioso biscoito, o que non sabiamos, é que tamén había un ovo de
chocolate... canto detalle!... mmm, riquísima
Pascua!...
Agora xa,
toca descansar sen perder enerxía para o 3º trimestre que nos agarda á volta
das vacacións. Será curto no que a tempo se refire, pero intenso en actividade
e, aínda que cun ineludible sabor a despedida, contentos por todo o vivido,
pecharemos 4 anos como ben se merece... isto promete!
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario