Esta semana,
entusiasmados, comezamos o 3º trimestre de 4 anos coa celebración establecida
no calendario escolar da Semana do Libro
2017.
Sabedes
por que se celebra o “Día do Libro” cada 23 de abril?...
Para
celebrar o “Día do Libro” escolleuse o 23 de abril por coincidir co falecemento
de grandes escritores universais tales como: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega ou o mesmísimo William
Shakespeare.
Así, no
ano 1995 a
UNESCO promulgou o 23 de abril como “Día Internacional do Libro”, aínda que no
caso de España xa se viña celebrando dende o ano 1930.
Esta
conmemoración non pasou desapercibida na aula e realizamos diferentes actividades cuxo
eixo motivador, unha vez máis, foron os contos.
Comezamos
reunidos na zona da asemblea conversando sobre os nosos contos preferidos, dende os máis clásicos como Caperucita Roja, Los 3 cerditos ou El patito feo, ata os máis actuais como:
Peppa Pig, Mickey Mouse, Elsa e Anna de Frozen...
Esta interesante
conversa, na que a asemblea se convertiu nunha estratexia ideal como lanzadeira
de ideas previas, axiña tomou forma de debuxo nunha actividade impresa na que debuxamos
os nosos personaxes da literatura infantil preferidos... Mickey & Minnie
Mouse os máis recreados!
Asemade,
co gallo desta celebración, aproveitamos para descubrir que centro de interese
nos depara o libro nº5 de MUNELA que comezaremos a partir da vindeira semana.
Sen perder
detalle escoitamos o conto da unidade titulado: Munela no es una lechuga, que nos achegará a algúns espazos
significativos da nosa contorna cotiá, permitindo a adquisición e
desenvolvemento progresivo de hábitos de
participación responsable e crítica. Sen lugar a dúbidas, converteuse nun conto
ben diferente, divertido, rimos a escachar... non rematamos de acostumarnos á
voz de MUNELA!... que non é unha “lechuga”!...
Do mesmo xeito, o xoves no hall do noso edificio recibimos a visita de Ana Meilán, unha escritora lucense que desenvolveu con verdadeira paixón, entrega e entusiasmo unha orixinal sesión de contacontos que fixo que non perderamos detalle... O álbume titúlase: Lágrimas bajo la cama (autoedición); unha historia que de sobra coñeciamos e que permite, a través de Simón, o descubrimiento, identificación e respecto de emocións propias e alleas.
Por outra
banda, e sabedores das aportacións dos contos no noso proceso de desenvolvemento
integral, dende o 2º trimestre participamos na actividade semanal do préstamo
de biblioteca no que, cada venres, convertémonos nuns fantásticos contadores de
contos... excelente traballo! Porén, que mellor que elaborar uns marcapáxinas
de MUNELA para empregar acotío na casa?... Ilusionados co troquelado de MUNELA,
coloreamos cara, pelo e cornos, amodo, sen saírnos do contorno e sen deixar
ocos, prestando atención ás cores correspondentes de cada parte. Xa por último,
pegamos o ollo na parte central e... marcapáxinas listo!...
Pero o
mellor de todo chegou hoxe, venres, pois para rematar esta primeira semana de
trimestre, e como recompensa a todo o traballo realizado durante estes días -que
non foi pouco-, ataviados coa gorra e a mochila, organizamos un improvisado pícnic na zona axardinada do patio. Desta
vez si era un pícnic en condicións...
canto gozamos!,... que afortunados!
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario