A incorporación, cada vez máis xeralizada,
das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ás aulas de Educación
Infantil permite personalizar a educación e adaptala ás demandas e ao ritmo do
alumnado.
Como xa vos contaramos no 1º trimestre, a nosa
aula non podía permanecer á marxe das TICs, por iso, este curso decidiramos
incorporar ás nosas actividades cotiás a interacción co Encerado Dixital
Interactivo (EDI).
O EDI é unha ferramenta tecnolóxica que
permite proxectar contidos dixitais nun formato axeitado para a visualización
en grupo, tamén realizar actividades moi diversas en diferentes linguaxes,
axudar a centrar máis facilmente a atención, desenvolver a creatividade e o
pensamento intuitivo… aproveitando as posibilidades educativas dos recursos
multimedia da aula.
Así pois, ocasionalmente en gran grupo
desfrutamos das actividades que nos ofrece MOLI no seu CD de tarefas reforzando
e ampliando algúns contidos propios da etapa: lóxica-matemática,
lecto-escritura, grafomotricidade, as cores, nocións espaciais, temporais,
topolóxicas, musicais…
Ao tempo, e sen decatarnos,
iniciámonos na adquisición doutras capacidades, competencias e habilidades máis
específicas como manexar con precisión o punteiro do rato, prender e apagar o
ordenador, identificar e empregar as iconas para acceder aos programas e/ou
xogos... valorando as TICs como medio de información, coñecemento e expresión.
Agora xa, convertidos en
pequenos-grandes expertos no uso do EDI, a semana pasada aproveitando que
comezabamos unha nova rolda de súper-encargados
e encargadas, incorporamos á nosa parrilla de clase a rutina do EDI... unha
idea fantástica!
Ata o momento foi a quenda de: NICOLÁS, XIMENA, SANTIAGO, PAULA, NAIRA e EVA.
Estas e outras actividades, axudarán
a contribuir ao desenvolvemento da Competencia Básica establecida pola UNESCO:
Tratamento da Información e Competencia Dixital, acadando obxectivos incluídos
no “Plan de Integración das TIC´s” do centro... que interesante!
Como dato anecdótico, e dada a novidade
dos primeiros días, resulta curioso como nos colocamos arredor do EDI e do súper-encargado para ver como xoga...
non perdemos detalle!
Agora máis que nunca, contamos os días que
quedan para ser súper-encargado/a…
xogar co EDI é divertidísimo!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario