Embarcados nunha misión espacial, esta semana,
descubrimos e identificamos algúns elementos representativos do Sistema Solar,
así que… cinturóns abrochados que a
viaxe comeza... “hasta el infinito y más allá”!...
Como sabedes, cada día comezamos a xornada coa
asemblea matinal, un tempo adicado á expresión oral, reflexión e organización e
secuencia das actividades propias de cada día no que a elección do súper-encargado é un dos momentos clave.
Entre as tarefas que realiza o súper-encargado dentro das rutinas da asemblea matinal, ademais da
fichaxe de ausencias e presenzas e das actividades de lecto-escritura e de
pensamento lóxico-matemático, está a rutina do coello espacial.
Así pois, chegados a este momento da asemblea,
introducímonos na observación e progresiva identificación dalgúns fenómenos
atmosféricos e meteorolóxicos que se suceden no día a día, constatando en cada
caso co seu pictograma correspondente -de sol, sol con nubes, nubes negras e
choiva-, o tempo cotiá.
Esta rutina diaria, convértese nun medio excepcional que
nos serve para iniciarnos na consecución do aprecio e a valoración do medio
físico e natural que nos rodea, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e
responsabilidade na súa conservación, ademais de contribuir á competencia no coñecemento
e interacción co mundo físico.
Estes días, a partir desta actividade, e convertidos nus
fantásticos astronautas, descubrimos planetas tales como: XÚPITER e VENUS,
compostos fundamentalmente de gases e rochas volcánicas, respectivamente.
E como non, a TERRA, -ou o “mundo” como nós lle chamamos-, que
resultou o máis doado de recoñecer ao tratarse do planeta no que vivimos.
Asemade, nesta viaxe espacial, descubrimos as
constelacións, agrupacións de estrelas que se atopan no Universo como por exemplo
a de O CENTARUO con forma de animal
mitolóxico metade home, metade cabalo ou a OSA
MAIOR, que ten forma de carro sen rodas.
Indubidablemente, para esta viaxe, non puidemos atopar o mellor pasaporte:
os “Bits de Inteligencia”... como?...
non oistedes falar deles?...
Os “Bits de Inteligencia”, resultan
de gran utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria, axudando
a adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a
capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e
o interese...
Por todo isto, e por moitas, moitísimas cousas máis, coidamos que no que
queda de curso os “Bits de Inteligencia”
converteranse nuns recursos didácticos excepcionais que nos axudarán a
comprender un pouquiño mellor o noso pequeno-gran mundo: arte, escultura,
pintura e arquitectura, características dos seres vivos e do conxunto
instrumental escolar, escritores e músicos coñecidos... que interesante final
de curso nos agarda!...
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Os contacontos para este venres son:
- MARCOS: "A que sabe a lúa?”. (Edit. Kalandraka)
- YAGO: "Oh, as cores!". (Edit. Kalandraka)
Hola a tod@s!
Hce mucho que no escribo, aunque entro en el blog todas las semnas para ver lo que hacen nuestros peques, pero hoy toca escribir!.
Es genial ver lo ilusionad@s que están en las actividades y con que entusiasmo nos explican los acontecimientos del cole en casa, aunque a veces cueste "descifrarlos" un poco jejeje, y entonces, lo genial que fue tener a Nuba durante una semana en casa, que según Santi tenía que quedarse no podía irse jejeje.
P.D: A lo mejor algunas familias ya tuvisteis la ocasión de ver con vuestros hijos el musical "O REI LEÓN" (1º adaptación ó galego), nosotros hemos ido con Santi a este musical y le encantó, está SUPER CHULO, si teneis ocasión de verlo vale la pena.
Que ilusionados chegaron a casa os meus pequenos astronautas nombrando planetas, estrelas....de ese lugar tan grande como é o espacio. Incrible!!!!
Si, os "bits de inteligencia" funcionan porque Sabela R.G. e Gael ven letras en todos lados e contan todo o que se lle poña por diante. Fantástico!!!
Un saúdo.
Publicar un comentario