Logo dunha semana disparatada de antroido, pouco a pouco iremos retomando as nosas rutinas e bos
hábitos cotiás.
Así pois, aproveitaremos esta semana para facervos partícipes
da nosa primeira incursión como pequenos máster chef... moi atentos!...
Cociñeiros e cociñeiras??... Siii, na semana previa ao antroido, participamos activamente no
obradoiro de cociña desenvolto na aula de 3 ANOS A co gallo da celebración do
aniversario da profe Silvia... que mellor maneira de celebralo que preparando
un biscoito?...
A mañá do venres 6 de febreiro resultou diferente,
pois xa dende primeirísima hora da mañá, metímonos na pel dun auténtico chef de
cociña, e con gorro de cociñeiro incluído, comezamos revisando os ingredientes
necesarios para o biscoito de aniversario.
A ver, a
ver, tomade nota dos ingredientes que necesitabamos:
1º INGREDIENTE: IOGUR DE
LIMÓN
2º INGREDIENTE: FARIÑA
3º INGREDIENTE: AZUCRE
4º INGREDIENTE: OVOS
5º INGREDIENTE: RAIADURA DE LIMÓN e LEVADURA
E listo!... Botamos, misturamos, batemos, batemos e
batemos...; ben coa axuda dunha escobiña, ben co que nos resultou máis divertido...
unha batidora!
Ah!... para que o
biscoito resultase unha receita do máis especial, decidimos botarlle un sexto e derradeiro ingrediente da nosa propia colleita: LACASITOS de chocolate para que nos saise
un biscoito, si cabe aínda máis delicioso... fantástica idea?...
A mistura, dispúxose rapidamente no forno
disposto para tal efecto na aula... parecía de xoguete!
Que impacientes!... queríamos ver o resultado da receita... xaaa!... Afortunadamente, a espera fíxose máis levadeira porque tiñamos na sesión seguinte Psicomotricidade,...
perfecto!
Xa de volta de Psicomotricidade, un arrecendo a doce
polo corredor lembrounos a elaboración do biscoito... que ben ulía!
O mellor momento?... Comprobar o aspecto tan profesional
do noso biscoito... aínda estaba quentiño!...
E, por suposto... a degustación do biscoito!... Rico,
rico..., soubonos a pouco!...
Moitos PARABÉNS profe Silvia!, desexamos que cumplas
moitos máis celebrándoo connosco deste xeito tan divertido!... Grazas mil pola
invitación!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Os contacontos para este venres son:
- BRUNO: "A casa da mosca chosca". (Edit. Kalandraka)
- MIGUEL: "Renato". (Edit. Kalandraka)
Gustoume moito que a profesora de 3 anos A fixese partícepes a tódolos nenos de promoción de 3anos da celebración do seu cumple. PARABENS SILVIA!!!
Nembargantes, posto que se trata dun proxecto conxunto bótase en falta unha foto de 3 Anos A e 3 anos B xuntos.
Saúdos
Publicar un comentario