Si, si, si, o antroido xa está aquí!... E hoxe venres, como colofón a unha semana disparatada
na que levamos a cabo distintas actividades relacionadas co antroido, viñemos
ao cole disfrazados de... africanos!!
Para celebrar a chegada do antroido, un curso máis, o cole
dispuxo nos corredores de ambos pavillóns o “Toribiño”. Que non sabedes quen é?...
O TORIBIÑO é un esquelete que, cada curso visita o noso colexio
cun cometido: día a día encárgase de comunicar cal é a consigna establecida, -en
canto a indumentaria se refire-, que debemos levar posta cada día ao colexio.
Deste xeito, o luns levamos unha garavata, o martes unhas
lentes, o mércores un sombreiro e o xoves xoias, moooitas xoias. A que non vos facedes unha idea de como rematamos?...
Pois velaí nos tedes... antroidos 100%!
Outra das actividades que levamos a cabo para descubrir e
identificar algúns dos elementos representativos desta época do ano, foi a
observación e recoñecemento de distintos disfraces mediante os catálogos
dispostos para tal efecto no rincón da biblioteca. Había disfraces de todo tipo
e para todos os gustos, pero nós tiñámolo
claro, o venres iriamos disfrazados de africanos, ou... era de tigre?...
Xa o xoves, moi pero que moi entusiasmados, como preludio
ao correrúas previsto para o venres, levamos para a casa os antifaces de NUBA.
Esta actividade permitiunos afianzar a
identificación e recoñecemento da forma cadrada, así como a escrita real e
contextualizada do noso nome no devandito antiface... fantástico!
Finalmente, o venres, nenos e nenas e familias,
expectantes e con todo listo e preparado, agardabamos con gran expectación polo
día do correrúas. Tratábase dun día moi especial, un día no que se recuperaría
na nosa vila o correrúas do colexio suspendido dende había 3 cursos. Unha mágoa
que o diluvio que caía xusto nese momento e case ao longo de toda a mañá
desafortunadamente suspendera o espectacular correrúas organizado e que
levabamos preparando dende había xa case un mes... que rabia!
Así pois, case coma se dunha mañá máis se tratase, desenvolvimos
a asemblea cunha súper-YAIZA que fixo
de perfecta anfitrioa desenvolvendo as tarefas do súper-encargado.
Xa logo, no hall do
pavillón norte, improvisouse un caótico correrúas no que vimos os disfraces do
resto do cole no que cada nivel representaba unha cultura ou país co gallo do
proxecto do “Equipo de Biblioteca”.
Así pois, vimos aos nenos e nenas de 4 anos de chinos acompañados
duns impresionantes dragóns, 5 anos de indios con cadanseu tótem -coidamos que
a danza da choiva non foi necesaria!-. Xa en Ed. Primaria: hawaianos, peruanos,
africanos, mexicanos, brasileiros, gregos e vaqueiros do far far west!... Canto traballo... sen palabras!
Xa de volta á clase, e intentando que non resultase un
día máis, a rutina da merenda resultou especial, e para iso, dispuxéronse os
postres de antroido aportados polas nosas familias: roscas, freixós, orellas...
mmm deliciosos!!!
Ah!, todavía quedaba o
máis divertido: o xogo dos africanos.
Un xogo co que identificamos algúns dos animais salvaxes que se atopan no
continente africano e que ademais,
nos permitiu facer algo prohibido case para todo o resto do curso: correr pola
clase e polo noso corredor... divertidísimo!
Como remate final da xornada, invitamos ás nosas familias
á clase como mostra de agradecemento polo compromiso e traballo desenvolto na
confección do disfrace... GRAZAS mil
por poñer as cousas tan doadas!
Somos os mellores porque vós, familias-tribos, tamén
sodes as mellores, e sen a vosa inestimable axuda non sería posible que
alomenos por unhas horas, a clase de 3 ANOS B, se convertise nunha tribo, na
tribo rianxeira máis bonita que endexamais coñecestes... estabamos requete-guapísimos!!
Así pois, mil millóns de GRAZAS á tribo de YAGO, NICOLÁS, MIGUEL, NAIRA, LAURA, MICAELA...
Tamén á tribo de SABELA R.G. e GAEL, XIMENA, EVA,
SANTIAGO, YAIZA e SABELA R.I.
E por último, á tribo de XOEL, PAULA, MARCOS, NAIARA,
BRUNO e DANIELA...
...ESPECTACULARES E SÚPER-XENIAIS,
SODES UNHAS TRIBOS ÚNICAS E ESPECIAIS!!!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Tras as actividades propias do antroido, retomamos as rutinas semanais.
Os contacontos para este venres serán:
- EVA: Rapuncel. (OQO editora)
- YAIZA: Unha pantasma con asma. (Edit. Kalandraka)
Sería moi bonito ver fotos desa xornada no pabellón norte. E por suposto coa tribu amiga 3 anos A.
Sardos.
Publicar un comentario