Durante estas semanas, a través
do conto motivador da unidade “Susto no
mercado”, traballamos a Idade Media; unha época que nos serviu para
descubrir e coñecer como eran os castelos e as cidades, como vivían as persoas,
quen eran e que facían os cabaleiros, como eran as rúas e as tendas, as cidades
cos seus mercados...
Para
comezar, e coñecedores das repercusións na estimulación do cerebro, da
aprendizaxe e da memoria dos “Bits de Intelixencia”, de novo convertíronse nun recurso didáctico
excepcional que propiciaron un primeiro achegamento á época medieval.
Na Idade Media o centro da vida
era o castelo
que se construía nun lugar alto como medida de protección ao ser lugares de
fácil defensa e difícil ataque. O señor e a súa dama eran os donos do castelo e
de todas as terras que hai arredor.
Este descubrimento, axiña o
extrapolamos ao castelo do País das Letras que semana a semana enchemos cos
seus personaxes. Esta semana, non podia ser outro que o porteiro LL, o habitante
encargado de pechar e abrir as cincuenta portas do castelo onde viven o rei U e
a raíña A xunto cos seus fillos.
Nos castelos medievais vivía
moita xente, o señor e toda a súa familia, ferreiros, carpinteiros, cociñeiros,
criados... e estaban constituídos por diferentes partes.
A torre da homenaxe onde
viven o señor e a súa familia, estaba formado pola adega, os almacéns e cociña,
a sala de lecturas, o gran salón, os dormitorios e as ameas onde vixiaban os
cabaleiros de posibles ataques.
En ocasións especiais, no castelo dábase un banquete onde os bufóns e os xograres entretiñan, respectivamente, con xogos e contos e con cancións e historias.
Arredor do castelo estaban a aldea e as terras que traballaban os campesiños onde cultivaban trigo e centeo que recollían a man.
Do mesmo xeito, o centro da
vida da cidade era o mercado onde o ferreiro, o
panadeiro, o vendedor de especias, o artesán, o queixeiro, o perfumista...
vendían os seus produtos.
Todos estes descubrimentos, acadámolos tras a realización de diferentes actividades de aprendizaxe no libro de ARIS ao tempo que no rincón de biblioteca percorriamos os pasadizos segredos e os corredores dos castelos que se ilustraban nos libros de información aportados por ROI e FROILÁN sobre a época medieval e a vida nos castelos.
Pero sen lugar a dúbidas, os
personaxes medievais que suscitaron maior interese foron os cabaleiros
que, vestidos con armaduras moi pesadas, loitaban coma auténticos guerreiros
contra os inimigos da época.
Todos estes coñecementos adquiridos a través da proposta de traballo desenvolta durante estas semanas, quedaron plasmados en diferentes actividades impresas nas que non podían faltar os debuxos libres e sen modelo sobre a Idade Media. Uns debuxos onde os cabaleiros e os dragóns máis feroces ocupan un lugar indispensable... canta imaxinación!
Por outra banda, a proposta de traballo desta unidade de programación, asemade encamiñouse a profundar nos coñecementos que xa temos sobre a rúa e as tendas, as normas de seguridade viaria e as características e utilidades dos diferentes comercios, valorando a utilidade dos diferentes tipos de comercios e dos lugares de lecer e tempo libre: biblioteca, cine, teatro, polideportivo...
Esta situación, serviunos para conversar acerca do
comportamento que debemos ter en espazos públicos: debemos camiñar polas rúas
da man dun adulto, sempre se debe cruzar a rúa polo paso de cebra ou paso de
peóns respectando o semáforo e mirando a ambos os dous lados da rúa para evitar
accidentes...
Tamén a través da obra de arte de Camille Pissarro “Festa pública en setembro, Pontoise”, tratamos
de establecer as diferenzas entre a aldea e a cidade, recreando o conto da
unidade no que se narra a aventura de ARIS nun mercado medieval no que coñece
ao perfumista Rodrigo e ao seu mono Horacio.
Agora xa, esta semana, comezan as antroidadas da man dun
Toribiño que trae máis ganas de troula que nunca... estades preparados?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
1 comentarios:
Este xoves fará de contacontos:
- JHON MICHAEL: "A cor dos amigos". (Edit. Miniland)
Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /D/.
Publicar un comentario