Moitos de vos estaredes aínda estupefactos e preguntándovos como Papa Nöel
entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal todos os
agasallos cos que agora mesmo estaredes disfrutando; senón é así, non vos
preocupedes, xa que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente abofé que non
se esquecerán das cartas que lles entregamos cando viñeron visitarnos ao cole.
Para iso, lembrade o que hai que facer na noite de Reis senón queremos que nos
pase coma a Martiño…
Neste día tan especial, gustaríame desexar a todos cos que compartín un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento da vida e deixástedes unha pegada en min que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B DESÉXANVOS UN BO NADAL NO QUE TODOS OS VOSOS SOÑOS E DESEXOS SE CONVIRTAN EN REALIDADE.
A estes desexos de prosperidade, gustaríanos engadir a mensaxe do christmas co que nos agasallaron e
sorprenderon unha das clases dos máis pequechos e pequechas do cole, os nenos e
nenas de 3 ANOS C e a súa profe, a profe Lourdes... Mil millóns de grazas, es
un sol e non deixas de sorprendernos!...
Un saúdo con sabor a turrón de
chocolate con améndoas e non esquezades que... o noso blog se alimentará
dos vosos comentarios!
2 comentarios:
De parte da familia de nerea que pases un fin de ano moi bo e un prospero ano
Moitas grazas Familia Rodríguez-Castaño. Os meus mellores desexos para este AniNovo 2014 que comeza.
Unha aperta.
Publicar un comentario