Coas actividades que levaremos a cabo nesta unidade diáctica investigaremos para observar, descubrir e identificar algúns dos cambios que se producen no contorno e na vida das persoas coa chegada da primavera: saen as flores, as follas das árbores son de cor verde, xa non vimos ao cole tan abrigados como no inverno...
Para comezar, o profe propúxonos un torbeliño de ideas no que tiñamos que dicir obxectos, elementos, situacións... relacionadas coa primavera: bolboreta, árbore, flores, sol, abella, herba, flores, paxaros, arco da vella, caracois e... flores, porque o que si temos clarísimo é que coa chegada da primavera os campos énchense de flores, moooitas flores.
As flores convírtense para nós na proba máis evidente da chegada da primavera, por iso, outra das actividades que levamos a cabo foi a decoración dunha flor multicolor, que debíamos pintar ao xeitiño e sen saírnos do contorno de diferentes cores. Pero todavía quedaba o máis xenial, xa que na parte central, logo de picala co punzón, pegamos unha foto nosa... uns traballos cada vez máis de súper-maiores!
A rutina era básica, ao son do pandeiro, tiñámonos que mover pola aula adoptando os roles que se indicaban para cada caso: bolboretas, serpes, paxaros, canguros...
Neste tipo de actividades, algo que se convirte nun auténtico reto para máis dun é seguir as normas establecidas para este tipo de dinámicas, xa que ás veces aproveitamos para facer un pouco o que nos dá a gana e non, iso non pode ser... está prohibido!
Estas conversas dirixidas e actividades enriquecéronse se cabe todavía máis coa posterior lectura e interpretación da lámina mural desta unidade didáctica na que se podía ver unha paisaxe primaveral con moitos dos elementos que saíran no torbeliño de ideas.
Sen lugar a dúbidas, faltan mil millóns de cousas por contarvos de todo o realizado durante estas semanas, pero as informacións estarán cargadas de maior riqueza se as contamos en persoa... non dubidedes en preguntarnos!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Un saúdo de Haring dende o pais dos soles de cores.
Publicar un comentario