
Así pois,
o mércores participamos activamente nun obradoiro artístico na aula de
Educación Artística da Facultade de Maxisterio a través do cal creamos e
recreamos diferentes esculturas a partir de materiais de desfeito e refugallo.
O certo é
que xa estabamos avisados que acudiriamos a un aula distinta con profes que,
lonxe de ser os que actúan semanalmente no grupo, non coñeciamos, ni tan
sequera os coñecía o profe. Deste xeito, máis expectantes que nunca, establecemos
unhas normas básicas para a actividade: control de esfínteres, respectar a
quenda, escoitar con atención aos xefes da actividade...
Xa o
mércores, desenvoltas as rutinas de entrada -prendas de abrigo e mochila no
percheiro- e os rituais da asemblea -desta vez a súper-encargada foi IRENE-,
organizámonos no tren de saída para converternos... en pequenos-grandes
artistas!...
O momento
de acollida non puido resultar máis apropiado, comezamos coa escoita activa e
visionado do conto: El museo de Tronquito
(Edit. Nórdica Libros).
Sen
perder detalle da actitude entusiasta de Tronquito e do seu afán por
coleccionar todo tipo de obxectos, achegámonos ao museo como espazo de ocio que
serve para conservar as obras expostas de diferentes artistas.
Posteriormente,
tocaba poñerse mans á obra e axiña nos organizamos en equipos de traballo para
interactuar de xeito libre cos materiais alí dispostos.
Había
unha mesa con papel de aluminio como o que moitos traemos na merenda. Arrugamos,
dobramos, rachamos... e, sobre todo, pintamos, pintamos e pintamos con
rotuladores fluorescentes e con pincel e témpera de cor fucsia... que
interesante!
Noutro
espazo, había pasta para modelar de cor branca, que unha vez seca queda dura
como a parede. Aquí amasamos, cortamos, fixemos ruliños, bolas, formas impresas
con paus, ramas de árbore, pedras... quen máis e quen menos logrou darlle
volume á súa obra como un auténtico escultor... fantástico!
Tamén inventamos
con caixas e rolos de papel de diferentes tamaños e grosores, completando a
nosa creación con cintas adhesivas de cores variadas: negra, vermella, verde,
azul e amarela... bonitos resultados!
Con este
ambiente tan propicio para a estimulación da imaxinación e creatividade,
observamos, identificamos, coñecemos e diferenciamos propiedades e cualidades
de obxectos cotiás, decatándonos que hai... arte
por todas partes!
Resultou
un tempo de traballo individualizado no que cadaquén decidiu cando estaba
rematada a súa produción para, e a modo de actividade final, catalogar as obras
no museo que se creou nun dos recunchos da aula.
Para
rematar, os profes de Maxisterio déronnos unha entrada para pasar a contemplar
as creacións aportadas polo grupo... canto artista concentrado por metro
cadrado!
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Que de experiencias nuevas!!!! Me encanta. Ahora entiendo lo de que habían ido al museo...
Publicar un comentario