En primeiro lugar, o martes, logo de desenvolver o ritual
da asemblea matinal, baixamos ás pistas do patio dos maiores; alí estaban
agardándonos nada máis e nada menos que os bombeiros e os policías.
Xa vos contaramos que, nos meses de abril e maio
recibiramos, respectivamente, a visita dos bombeiros e dos policías que nos
explicaran algunha curiosidade do seu traballo cotiá, así como as normas
básicas de seguridade vial como peóns: interpretación do código do semáforo,
uso do paso de peóns e da silla e cinturón nos desprazamentos en coche...
Pois ben, nesta ocasión, fomos bombeiros e policías por
un día: subimos ao camión dos bombeiros, ao coche do policía e mesmo á moto...
que motaza!
Asemade, no camión e no coche dos bombeiros e da policía,
descubrimos todos os botóns que hai no seu interior e aproveitamos para facer
soar máis que nunca a serea unha e outra vez ao tempo que as luces de
emerxencia encendían e apagaban... menuda se liou no cole!
Xa logo, de volta á clase, conversamos brevemente sobre a
experiencia: que foi o que máis/menos nos gustou, por que... indubidablemente,
o camión dos bombeiros, como vén sendo habitual, é a estrela do día, aínda que
ben é certo que a moto, -a motaza-, cada vez ten máis afeccionados...
alucinante!
Por outra banda, e como peche de semana, que mellor xeito que ir pasar a mañá a unha das praias do contorno.
Así pois, as semanas previas, froito da derradeira
unidade didáctica cuxo centro de interese foi o verán, descubrimos e
identificamos algunhas medidas e normas de protección solar: botar crema
protectora, protexer a cabeza cun gorro ou cunha viseira, beber auga e mesmo
poñer gafas de sol... fantástico!
Ah!... e para os maiores...
que mellor maneira de refrescarse que mediante un abano; elemento que moitos de
nós non coñeciamos e que rapidamente asociamos ás “chicas”...
Ao tempo que vivimos un verán anticipado, desfrutamos
dalgunhas das vantaxes deste tempo, asociando novas medidas de protección
contra o sol e a calor: a froita e os xeados.
Deste modo, en varias actividades impresas recreamos unha
das froitas preferidas de NUBA... a sandía!
E mesmo coloreamos, cada un do seu sabor favorito,
xeados, identificando formas (círculo nas bólas e triángulo no cucurucho) e
cores... mmm, case case tan deliciosos
como os da “Taza de Pandora”... non si?...
Todos estes descubrimentos, transferímolos á saída á
praia: con gorros e viseiras e perfectamente protexidos con crema,
entusiasmados e con enerxía dabondo chegamos á praia que se atopaba ao final do
paseo da nosa vila.
Alí, xunto cos nenos e nenas da profe Silvia, 3 ANOS A,
desfrutamos dos xogos cooperativos que rapidamente se dispuxeron na area...
Castelos na area!...
Xogos coas cordas, coa pelota e co paracaídas!
E sobre todo, carreiras e máis carreiras dun lado ao
outro da praia... incansables!
E para repoñer forzas, un pícnic improvisado nunha espazo
habilitado para tal efecto: comimos e bebimos e voltamos a desfrutar dun tempo
de xogo libre no parque de maiores... fantástico!
Que día tan bonito... precioso!... Pasámolo xenial e as
caras de agotamento no camiño de volta dicíano todo... non paramos!
1 comentarios:
O contacontos deste xoves será:
- GAEL: "Negros e brancos”. (Edit. Xerais)
Publicar un comentario