A piques de que remate o
curso e de comezar as tan merecidas vacacións de verán, nestes últimos días
estivemos traballando na nosa aportación á revista anual do cole: “Ondiñas veñen”.
As seccións e temáticas que integran a
nosa revista escolar son para todos os gustos e públicos, dende traballos sobre
as distintas celebracións que teñen lugar ao longo do curso como o samaín, o
magosto ou o nadal, ata entrevistas, pasatempos e curiosidades sobre o día a
día no cole.
Este curso, somos os súper-maiores de mandilón, isto é algo que conleva varias cousas: o
feito de que axiña nos despediremos por todo o alto do mandilón, e que para o
próximo curso, xa en setembro, sen o mandilón, subiremos as tan ansiadas
escaleiras para a planta dos maiores e comezar unha nova etapa: Educación
Primaria.
Alí, agárdannos novos retos, novas rutinas
e obrigas, actividades e... unha nova profe!!
Siii...
todos e todas sacamos o mandilón, agás o profe que seguirá alomenos un curso
máis no cole.
Uf, nova
profe?... E... como nos gustaría que fose a nova profe?... Esta foi a pregunta
que empregamos nas asembleas matinais que serviría como alicerce para a nosa
aportación na revista.
Así pois, convertidos nuns excelentes masterchefs, decidimos recrear unha
receita de cociña na que aparecen algunhas das características que non deberían
faltar na nosa nova profe.
A ver, a ver..., a nosa nova profe deberá
ser: contadora de contos, soñadora, extradivertida, fantástica e ideal, única e
cariñosa, requeteboa, presumida e coqueta, mariñeira de primeira, unha osa súper-amorosa,
debuxanta de soños, princesa ou principesa, estupenda bailarina...
Como vedes, houbo ideas e opinións para
todos os gustos e si nalgo axiña nos puxemos dacordo foi que debe saber moitas,
moitas cousas...
Uf, case
nada!... Queremos unha profe do máis completa, a mellor do planeta!...
Agora xa, acompañádenos na conta atrás
para poñer o punto e final a este curso 2013-2014 e á etapa de Educación
Infantil. Será unha conta atrás repleta de diversión, nervios, actividades e
sorpresas, moooitas sorpresas para
grandes e pequenos.
Preparados para despedir o mandilón?…
Un
saúdo e non esquezades que… o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Este venres non haberá contacontos, a actividade remata esta semana co préstamo de dous contos e coa realización de dúas fichas de lectura.
Por outra banda, esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /Q/.
Publicar un comentario